Saltar ao contido

William de Ockham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWilliam de Ockham

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) William of Ockham Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Guilelmus Occhamus Editar o valor en Wikidata
1287 ↔ 1288 Editar o valor en Wikidata
Ockham (Reino de Inglaterra) Editar o valor en Wikidata
Mortec. 9 de abril de 1349 Editar o valor en Wikidata
Múnic (Ducado de Baviera) Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónMerton College
Universidade de Oxford Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEpistemoloxía, metafísica e teoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, físico, lóxico, teólogo, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oxford Editar o valor en Wikidata
MovementoNominalismo e Escolástica Editar o valor en Wikidata
ProfesoresDuns Scoto e Henry of Harclay (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosJean Buridan e Adam de Wodeham (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Orde relixiosaOrdes franciscanas Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
Condenado porfuxida Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of Biblical Criticism and Interpretation (2007 ed.) (en) Traducir, (sec:William of Ockham (c. 1287-1347))
Dictionary of National Biography
Enciclopedia de Otto Editar o valor en Wikidata
BNE: XX982801 Find a Grave: 209455152 Editar o valor en Wikidata
Unha das ilustracións do manuscrito de Ockham Summa Logicae.

Willian de Ockham ou Guillerme de Occam, nado en Ockham en 1285 e finado en Múnic en 1349, foi un filósofo e teólogo inglés que influíu no pensamento lóxico, análise lóxica e a filosofía na Idade Media. Foi probabelmente o creador do principio da "Navalla de Ockham". Dedicou os seus últimos anos ao estudo e á meditación nun convento de Múnic, onde morreu en 1347 ou 1349, vítima da peste negra.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Quaestiones in quattuor libros sententiarum

O inicio da vida académica

[editar | editar a fonte]

Cando, aínda en idade precoz, ingresou na Orde franciscana, onde estudou Filosofía. Aínda novo, foi á Universidade de Oxford a ensinar ciencias filosóficas e matemáticas, tivo contacto con outro franciscano, o filósofo e teólogo, Duns Scoto, do cal se tornou discípulo. Escribiu varios ensaios sobre as Sententiarum Libri (Sentenzas) do teólogo Pedro Lombardo.

A súa obra marcou a transición para o pensamento renacentista, foi defensor do poder leigo e da racionalidade, anticipou as tendencias de secularización que marcaron os tempos modernos.

O principio de Ockham

[editar | editar a fonte]

Ockham escribiu a súa obra cognominada Ordinatio, esta discorría que todo coñecemento racional ten base na lóxica, consonte cos datos proporcionados polos sentidos. Unha vez que nós só coñecemos entidades palpábeis, concretas, os nosos conceptos non pasan de medios lingüísticos para expresaren unha idea, polo tanto, precisan dunha realidade física para as comprobacións.

Creou a máxima as pluralidades non deben ser postas sen necesidade ou (sic) pluralitas non est ponenda sine neccesitate, chamada da Navalla de Ockham.

A Navalla de Ockham

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Navalla de Ockham.

Foi un concepto bastante revolucionario nunha época onde científicos e filósofos eran facilmente acusados pola igrexa de herexes; a Navalla de Ockham defende a intuición como punto de partida para o coñecemento do Universo.

Ockham con destreza conseguiu demostrar que o "Duns Scotus", principio da economía, coñecido como "navalla de Ockham" estabelece que "as entidades non deben ser multiplicadas alén do necesario, a natureza é por si económica e non se multiplica en van".

A confrontación de dúas teorías

[editar | editar a fonte]

Este é un principio filosófico que reza o seguinte:

existindo diversas teorías e non habendo probas que demostren se algunha delas é máis verdadeira en relación ás outras, a máis simple é a que vale.
Se existiren dous camiños que leven ao mesmo resultado, úsase o máis curto, e que pode ser probado sensorialmente.

Noutras palabras: non se debe aplicar a un fenómeno ningunha causa que non sexa loxicamente dedutíbel da experiencia sensorial. A regra, inspirada na economía medieval, foi usada polo filósofo para eliminar moitas das entidades coas que os pensadores escolásticos explicaban a realidade.

A persecución

[editar | editar a fonte]

Ao realizar a separación entre razón e fe, entre filosofía e teoloxía, a través da súa doutrina científica, e ao defender que só a experiencia permite coñecer a causa das cousas, Ockham foi o precursor do empirismo inglés, do cartesianismo, o criticismo kantiano e da ciencia moderna. En función destas ideas, provocou reaccións que o obrigaron a saír de Oxford antes do doutoramento en teoloxía. Fuxiu para Avignon, en Francia, para non ser acusado como herexe, pois o Vaticano, estando confrontado na discusión sobre o poder temporal da igrexa, queríao fóra do camiño.

O papa Xoán XXII condenouno por herexía; en función da persecución da igrexa, Ockham refuxiouse en Pisa, para deseguida acompañar o emperador Luís de Baviera para Múnic. En Múnic, continuou a atacar o poder da Igrexa, mais desta vez, dirixíase á figura persoal do Papa, con varios ensaios abordando a infalibilidade papal, defendendo a tese de que a autoridade do líder é limitada polo dereito natural e pola liberdade dos liderados, esta afirmada nos Evanxeos, deixando a súa situación coa Igrexa cada vez máis difícil. Un dos seus argumentos máis fortes foi a afirmación categórica que un cristián non contrariaría as ensinanzas evanxélicas ao se colocar ao lado do poder temporal en disputa co poder papal. En función destas ideas, a igrexa excomungou o filósofo, e este mantivo a súa liña de acción ata a fin da súa vida.

O erro do simplismo

[editar | editar a fonte]

O simplismo aparente da Navalla de Ockham, se é mal aplicado, pode moitas veces inducirnos a erros de avaliación en determinados momentos da lóxica. Por exemplo, ao efectuarmos determinados experimentos, non sempre a simplificación é correcta, mesmo que o resultado estea moi próximo, ou ata idéntico. Porén é bastante útil cando o utilizamos en experimentos prácticos para comprobarmos se concordan varias teorías matemáticas nun determinado campo.

Non sempre a simplicidade é a perfección, mais a perfección case sempre é simple

[editar | editar a fonte]

Erroneamente, moitos autores usan a expresión de que, a simplicidade é a perfección, cando se lida con experimentos que esixe un certo grao de complexidade. Ao utilizar solucións simplistas de análise, poderase incorrer en erros que poden destruír moitas veces un traballo de anos. Simplicidade non é sinónimo de facilidade ou simplismo. En xeral obter unha visión ou unha explicación simple para temas complexos esixe un esforzo maior que crear visións complexas, incluso correctas, sobre o mesmo tema. O Cálculo diferencial e Integral, así como gran parte das descubertas científicas da humanidade certamente pasou, ao longo da súa historia, por inxentes reformulacións decorrentes da aprendizaxe e realimentación polas comunidades científicas física e matemáticas ata chegar ao currículo básico de calquera curso de matemática de nivel superior. A simplicidade é consecuencia da experiencia e da creatividade.

Principios de análise lóxica

[editar | editar a fonte]

Un dos máis importantes é a falta de datos para comprobar se a teoría A é máis correcta que a teoría B, ambas tendo o mesmo resultado, así e todo os cálculos e argumentos da teoría A sendo moito máis complexos que para a teoría B. A comunidade científica escollerá sempre a segunda opción, a máis simple.

Einstein e as simplificacións

[editar | editar a fonte]

Probabelmente, cando escribiu que as teorías deben ser tan simples como sexa posíbel, mais non sempre debemos escoller as máis simples, Albert Einstein estábase referindo ao principio de Ockham na súa Teoría da relatividade, pois sabía que as hipóteses testadas moitas veces caían en contradicións, a pesar do resultado ser aparentemente perfecto. De aí puido vir a utilización do principio de Ockham nalgúns puntos considerados contraditorios no seu postulado, pois nas matemáticas, ás veces verdades claras á luz das deducións tórnanse contraditorias ao pasaren para a linguaxe coloquial.

  1. "William of Ockham - English Philosopher & Scholastic Theologian - Britannica". www.britannica.com (en inglés). 2024-02-12. Consultado o 2024-03-16. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]