Vitoria pírrica
Considérase unha vitoria pírrica a un enfrontamento bélico gañado a un prezo tan elevado que máis ben se pode considerar unha derrota.[1]
Recibe o nome por dúas batallas gañadas por Pirro, rei do Epiro, cando os romanos quixeron conquista-la Magna Grecia durante o proceso de unificación da Península Itálica anterior ás guerras púnicas: a batalla de Heracleia, en 280 a.C., e a batalla de Ásculo, en 279 a.C., na Guerra Pírrica. Despois da segunda batalla, Plutarco presenta un relato feito por Dionisio de Halicarnaso:
Os exércitos separáronse; e, dise, que Pirro respondeulle a un individuo que lle mostraba gozo pola vitoria que "unha outra vitoria como esta o arruinaría completamente". Pois el perdera unha parte enorme das forzas que trouxera consigo, e case todos os seus amigos íntimos e principais comandantes; non había outros homes para formar novos recrutas, e os seus aliados na Italia estaban a recuar. Por outro lado, como que nunha fonte constantemente fluíndo para fóra da cidade, o campamento romano enchíase rápida e abundantemente por novos recrutas, todos sen deixar a súa coraxe ser abatida pola perda que sufriran, mais sen extraendo da súa propia ira nova forza e resolución para seguir adiante coa guerra.[2]
Esta expresión non se utiliza só no contexto militar, podéndose usar tamén, por analoxía, ligada a actividades como a economía, a política, a xustiza, a literatura ou o deporte para describir unha loita similar, prexudicial para o vencedor.
Exemplos
[editar | editar a fonte]- Batalla das Termópilas - Guerras médicas.
- Batalla de Asculum - Guerras pírricas.
- Batalla de Ashdown - Conquista viquinga de Inglaterra.
- Batalla de Malplaquet - Guerra de sucesión española.
- O Diluvio- Guerra Polonia-Suecia (século XVII).
- Batalla de Boquerón - Guerra do Chaco.
- Batalla de Bunker Hill - Guerra da Independencia dos Estados Unidos.
- Batalla de Guilford Court House - Guerra da Independencia dos Estados Unidos.
- Batalla da Vuelta de Obligado - Conflito entre a Confederación Arxentina e a alianza do Reino Unido e Francia (alianza anglofrancesa).
- Batalla de Creta - Segunda guerra mundial, Fronte oriental.
- Batalla de Stalingrado - Segunda guerra mundial, Fronte oriental.
- Sitio de Leningrado - Segunda guerra mundial, Fronte oriental.
- Batalla de Krasny Bor - Segunda guerra mundia], Fronte oriental.
- Sitio de Budapest - Segunda guerra mundial, Fronte oriental.
- Batalla de Königsberg - Segunda guerra mundial, Fronte oriental.
- Batalla das Illas Santa Cruz - Segunda guerra mundial, Guerra do Pacífico.
- Operación Bodenplatte - Segunda guerra mundial, Batalla das Ardenas.
- Batalla do Río Imjin - Guerra de Corea.
- Batalla de Vukovar - Guerra croata de independencia.
- Batalla de Grozny - Primeira guerra chechena.
- Guerra de Vietnam - Aínda que os estadounidenses se retiraron cando caeu Saigón, considérase como unha vitoria pírrica.
- XV Asemblea Nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG)[3][4][5].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ TERRA, Dimas. Viagem. São Paulo: Biblioteca24x7, 2010. páx.61 (en portugués)
- ↑ Plutarco (trad. para o inglés de John Dryden) dispoñíbel online Arquivado 06 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine. no Internet Classics Archive
- ↑ "A UPG refunda o BNG". Galicia Confidencial. Consultado o 2016-02-28.
- ↑ "Carlos Aymerich: “O ciclo político do BNG expirou e terá unha vida vexetativa, nas deputacións e na CIG”". Galicia Confidencial. Consultado o 2016-02-28.
- ↑ "Aymerich abandona o BNG tras gañaren as teses da UPG". Galicia Confidencial. Consultado o 2016-02-28.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Definición de "pírrico" no Diccionario de la Real Academia Española.
- Vitorias pírricas Arquivado 03 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. - Páxina que describe unha serie de vitorias pírricas en detalle (en castelán)