Saltar ao contido

Vagharshapat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVagharshapat
Վաղարշապատ (hy)
Էջմիածին (hy) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 40°10′22″N 44°17′33″L / 40.1728, 44.2925
EstadoArmenia
MarzProvincia de Armavir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Ejmiatsin region (en) Traducir
Echmiadzinsky Uyezd (en) Traducir (1849–1930) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación57.500 (2010) Editar o valor en Wikidata (4.423,08 hab./km²)
Lingua oficiallingua armenia Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie13 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude853 m Editar o valor en Wikidata
Creación685 a. C. Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Código postal1101–1109 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico231 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Daugavpils
Issy-les-Moulineaux (1989–)
Petrozavodsk (pt) Traducir (2004–)
Fresno (2009–)
Serguiev Possad (pt) Traducir (2010–)
Aghdara (pt) Traducir (2010–)
Hadrut (en) Traducir (2010–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webejmiatsin.am Editar o valor en Wikidata
Facebook: MUNICIPALITY.EJMIATSIN Editar o valor en Wikidata

Vagharshapat (en armenio: Վաղարշապատ) é a cuarta meirande cidade de Armenia e a máis poboada da provincia de Armavir. Atópase a uns 18 km ao oeste da capital do país Iereván, e a uns 10 km ao norte da fronteira entre Turquía e Armenia. Tamén é coñecida como Ejmiatsin (ou escrito como Echmiadzin e Etchmiadzin, en Էջմիածին, ɛt͡ʃʰmjɑˈt͡sin), que foi o nome oficial entre 1945 e 1995.[1] Aínda se usa de maneira habitual, coloquialmente e na burocracia oficial, sendo un caso de dobre nome.[2]

A cidade é máis coñecida como a sé da catedral de Etchmiadzin e da Santa Sé de Etchmiadzin, o centro da Igrexa apostólica armenia. Polo tanto, é coñecida extraoficialmente nas fontes occidentais como unha "cidade santa"[3][4] e en Armenia como a "capital espiritual" do país.[5] Foi unha das principais cidades e a capital do antigo Reino de Armenia.[6] Reducida a unha pequena cidade a comezos do século XX, experimentou unha grande expansión durante o período soviético converténdose, efectivamente, nun suburbio de Iereván.[7][8] A súa poboación supera os 37.000 habitantes segundo as estimacións de 2016.

Patrimonio cultural

[editar | editar a fonte]

Patrimonio da Humanidade da UNESCO

[editar | editar a fonte]
Catedral de Etchmiadzin.

En 2000, as igrexas de Vagharshapat, xunto coas achegadas ruínas da catedral de Zvartnots, foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.[9] As igrexas principais inclúen:

  • Catedral de Etchmiadzin (en armenio: Մայր Տաճար Սուրբ Էջմիածին Mayr Tachar Surp Ejmiatsin) – A "Catedral Nai" foi construída por Gregorio o Iluminador como unha basílica abovedada entre 301 e 303, cando Armenia acababa de adoptar o cristianismo como relixión estatal,[10] converténdoa nunha das igrexas máis antigas do mundo.[11] A igrexa foi ampliada repetidamente, especialmente nos anos 480, 618 e 1658.
  • Igrexa de Santa Hripsime – A igrexa foi erixida en 618 polo Catholicos Gomidas sobre un mausoleo existente que contén os restos da santa martirizada Hripsimé. Segundo o historiador armenio do século XVII Arakel de Tabriz, cando a igrexa foi renovada durante 1651–1653 polo Catholicos Filipe I, colocouse unha cruz enriba do tellado e engadiuse un pequeno pórtico no lado occidental. É unha das poucas igrexas armenias que permaneceron activas durante o período da Unión Soviética.
  • Igrexa de Santa Gaiane – Construída en 630 polo Catholicos Ezra I, Santa Gaiane é unha basílica abovedada de tres naves cun tambor octogonal que descansa sobre catro piares internos que dividen o interior da igrexa en tres. O seu deseño mantívose inalterado a pesar das reformas parciais da cúpula e dalgúns teitos en 1652.
  • Igrexa de Shoghakat – Que significa "pinga de luz", Shoghakat é unha basílica abovedada dunha soa nave, construída e rematada en 1694 polo príncipe Aghamal Sorotetsi durante o período do Catholicos Nahabed I. Está construído con pedras de toba vermella e negra, erixidas sobre os restos dunha basílica do século VI. Os restos dunha pequena capela do século IV puideron verse no extremo suroeste da igrexa de San Shoghakat.[12]
  1. "Պատմաաշխարհագրական ակնարկ [Historical-geographic overview]" (en armenio). Armavir Province: Armenian Ministry of Territorial Administration. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2014. Consultado o 15 de abril de 2014. ...Վաղարշապատ (1945-1995թթ. կոչվել է Էջմիածին) քաղաքը... 
  2. Էջմիածի՞ն, թե՞ Վաղարշապատ. Aravot (en armenio). 26 de outubro de 2010. 
  3. Ring, Trudy; Watson, Noelle; Schellinger, Paul, eds. (1994). International Dictionary of Historic Places: Middle East and Africa, Volume 4. Taylor & Francis. p. 250. The holy city of Echmiadzin, where the Christian church in Armenia first began... 
  4. Stransky, Thomas F.; Sheerin, John B. (1982). Doing the Truth in Charity: Statements of Pope Paul VI, Popes John Paul I, John Paul II, and the Secretariat for Promoting Christian Unity, 1964-1980. Paulist Press. p. 230. ...from the holy city of Etchmiadzin... 
  5. Համայն հայոց հոգևոր մայրաքաղաքը 2700 տարեկան է, նշվեց Էջմիածնի տոնը (ֆոտոշարք) (en armenio). Public Radio of Armenia. 8 de outubro de 2015. 
  6. James R. Russell. Zoroastrianism in Armenia. — Harvard University Press, 1987. — P. 118.
  7. Emin, Gevorg (1981). Seven songs about Armenia. Progress. p. 106. ...Ashtarak, Artashat, Etchmiadzin and Abovian because they have become suburbs of Yerevan. 
  8. Bloomfield, Paul (16 de maio de 2015). "Armenia: mountains, monasteries and a glimpse of the land of Noah". The Times. Our first port of call was Ejmiatsin, a suburb of Yerevan and seat of the Katholikos, head of the Armenian Apostolic Church. 
  9. "Cathedral and Churches of Echmiatsin and the Archaeological Site of Zvartnots". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2021. Consultado o 13 de marzo de 2021. 
  10. Edwards, Robert W., "Ēĵmiacin" (2016). The Eerdmans Encyclopedia of Early Christian Art and Archaeology, ed., Paul Corby Finney. Grand Rapids, Michigan: William B. Eerdmans Publishing. pp. 455–456. ISBN 978-0-8028-9016-0. 
  11. Kropotkin, Peter Alexeivitch; Bealby, John Thomas (1911). "Echmiadzin". Encyclopædia Britannica 8 (11ª ed.). pp. 883–884. 
  12. "Yeghishe.am: Shoghakat". Arquivado dende o orixinal o 6 de xullo de 2011. Consultado o 22 de novembro de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]