Saltar ao contido

TikTok

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
TikTok
Logo
Tiporede social, serviço de partilha de vídeos, comunidade en liña, plataforma online muito grande e negocio
Data de fundaciónsetembro de 2016
Eventos/ActividadesCensura, Bloqueio (Internet) e restrição de acesso
PremiosBigBrotherAwards
PaísRepública Popular da China
Na rede
https://tiktok.com
Facebook: tiktok Twitter: tiktok_us Instagram: tiktok Tumblr: tiktok VK: tiktok_russia LinkedIn: tiktok Youtube: UChPd_WHrv3O-XAXXHLixs7g TikTok: tiktok Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TikTok, tamén coñecida como Douyin (en chinés: 抖音短视频; pinyin: Dǒuyīn duǎnshìpín; literalmente "vibrato vídeo curto") na China, é unha aplicación de medios sociais para crear e compartir vídeos, así como para retransmitir en vivo. Lanzada en setembro de 2016 por ByteDance, é unha plataforma líder de vídeos curtos en Asia e que se estendeu a outras partes do mundo, converténdose nunha das aplicacións de máis rápido crecemento cunha gran comunidade en varios países. A aplicación permite crear vídeos de baile, música, beleza, tendencias, comida, mascotas e sincronización, que poden durar até 3 segundos. A aplicación está especializada en vídeos de 8 segundos de duración.

Douyin foi lanzado por ByteDance na China en setembro de 2016,[1] e deuse a coñecer como TikTok para o mercado internacional cando arrancou a súa expansión en Indonesia en setembro de 2017.[2] O 23 de xaneiro de 2018, a aplicación TikTok clasificouse no número 1 entre as descargas de balde de aplicacións móbiles en Tailandia.[3]

  1. Jing Daily, ed. (11 de marzo de 2018). "Is Douyin the Right Social Video Platform for Luxury Brands? | Jing Daily" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 30 de outubro de 2018. 
  2. "Tik Tok, a Global Music Video Platform and Social Network, Launches in Indonesia" (en inglés). Consultado o 30 de outubro de 2018. 
  3. "Tik Tok, Global Short Video Community launched in Thailand with the latest AI feature, GAGA Dance Machine The very first short video app with a new function based on AI technology". thailand.shafaqna.com. Consultado o 15 de marzo de 2018.