Saltar ao contido

The End of the F***ing World

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The End of the F***ing World
FormatoComedia negra e drama
Desenvolvido por
Dirixido por
Intérpretes
Tema de aperturaGraham Coxon
País de orixeReino Unido Reino Unido
Lingua(s)Inglés
Temporadas2
Episodios16 (Lista de episodios)
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
  • Ed Macdonald
  • Murray Ferguson
  • Andy Baker
  • Petra Fried
  • Dominic Buchanan
  • Jonathan Entwistle
Duración19–24 minutos
Emisión orixinal
Canle de orixe
Formato de imaxe
Primeiro episodio24 de outubro de 2017
Derradeiro episodio4 de novembro de 2019
Na rede
https://www.channel4.com/programmes/the-end-of-the-ing-world
IMDB: tt6257970 Filmaffinity: 566155 Allocine: 22881 Rottentomatoes: tv/the_end_of_the_f_ing_world Metacritic: tv/the-end-of-the-fing-world TV.com: shows/the-end-of-the-fing-world
Facebook: TEOTFWNetflix Twitter: TEOTFW Instagram: teotfw Netlix: 80175722 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

The End of the F***ing World é unha serie británica de comedia negra e drama. Está baseada na novela gráfica homónima de Charles Forsman. O primeiro episodio estreouse orixinalmente a través de Channel 4 no Reino Unido o 24 de outubro de 2017, despois do cal os oito episodios da primeira tempada foron estreados en All 4. Netflix encargouse da distribución internacional e lanzouna en todo o mundo o 5 de xaneiro de 2018. Conta a historia de James (Alex Lawther), un rapaz de 17 anos que pensa que é un psicópata, e Alyssa (Jessica Barden), unha compañeira de clase rebelde que ve en James unha oportunidade de fuxir do seu fogar. Gemma Whelan, Wunmi Mosaku, Steve Oram, Christine Bottomley, Navin Chowdhry, Barry Ward e Naomi Ackie aparecen nos papeis secundarios.

A serie está baseada na serie de banda deseñada de Forsman The End of the Fucking World, que foi recollida nun libro no ano 2013. O creador da serie Jonathan Entwistle contactou con el sobre a posibilidade de facer un filme, e creouse unha curtametraxe en 2014. No seu canto, encargouse unha serie de oito episodios, cuxa rodaxe comezou en abril de 2017. Foi escrita por Charlie Covell, e os episodios foron dirixidos por Entwistle e Lucy Tcherniak. En agosto de 2018, a serie foi renovada para unha segunda tempada, que se estreou en Channel 4 o 4 de novembro de 2019, despois do cal os oito episodios foron emitidos en All 4, e internacionalmente a través de Netflix o día seguinte. Covell declarou antes da estrea da segunda tempada que non se produciría unha terceira tempada.

A serie foi louvada polo seu guión, execución e temática, así como polas interpretacións de Lawther e Barden. Foi nomeado nos British Academy Television Award á mellor serie dramática.[1]

  1. BAFTA (ed.). "Bafta TV Awards 2018". Consultado o 15 de maio de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]