Sinfonía nº 1 (Mahler)
Sinfonía nº 1 |
---|
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2012.) |
| |||||||||||||||||
Problemas coa escoita destes ficheiros? Vexa a páxina de axuda. |
A Sinfonía nº 1 (Titán) en re maior de Gustav Mahler foi composta no ano 1888.
Nun principio, foi concibido como un longo poema sinfónico. Mahler chamoulle Titán pola novela de Jean Paul, aínda que especificou que a sinfonía non se baseaba en absoluto nela. Ao estrearse, foi acusada de desafiar todas as leis da música, sendo cualificada de vulgar e sen sentido. Hoxe en día, esta sinfonía é unha das máis apreciadas de Mahler, debido á súa gran riqueza melódica; polo feito de ser unha sinfonía temperá, e por outra banda, non é tan longa como outras das súas sinfonías.
Consta de catro movementos. Orixinalmente tiña un movemento adicional chamado Blumine (Florecillas), que Mahler escribiu como música incidental para unha obra de Teatro. Porén, posteriormente Mahler retirou o devandito movemento; na actualidade case nunca se interpreta incluíndo este movemento coa sinfonía, aínda que se oe con certa frecuencia por separado.
Mahler utilizou nesta sinfonía música procedente do seu abandonado proxecto de ópera Rübezahl, que tamén usou n' A canción do laio.
Movementos
[editar | editar a fonte]Langsam, schleppend
[editar | editar a fonte]Como un ruído da natureza. Comeza cunha introdución máxica e como de ensoño, tras a cal aparece un movemento rápido dominado por un tema alegre na corda, que logo pasa a toda a orquestra. Tras unha repetición da introdución, aparece un tema novo nas trompas, que conduce a un xigantesco clímax tras o que o movemento remata cunha ledicia desenfreada.
Scherzo: Kräftig bewegt,doch nicht zu schnell.
[editar | editar a fonte]Scherzo baseado no Ländler, danza folclórica austríaca. A parte central, máis tranquila, ofrece un momento de descanso poético, aínda que tamén ten carácter de danza clásica.
Trauermarsch: Feierlich und gemessen, ohne zu schleppen
[editar | editar a fonte]É unha marcha fúnebre en re menor. Comenza cun só de Contrabaixo que é unha variación en modo menor do tema Frère Jacques (o folclore "Campá" ou "Martiniño"). A tristeza da marcha fúnebre contrasta con pasaxes grotescas nas que parece soar unha música de banda popular e compases de danza.
Stürmisch bewegt
[editar | editar a fonte]O gran final da obra simboliza o tránsito das tebras á luz. Ten estrutura de sonata, e o comezo é un tema tempestuoso e de gran lonxitude, ao que lle segue un segundo tema lírico interpretado polas cordas. No desenvolvemento aparece un novo tema triunfante nos instrumentos de metal, pero fáltalle loitar e ser derrotado tres veces antes de alcanzar o brillante re maior final. Despois dunha última pasaxe reflexiva, atópase o triunfo definitivo do optimismo.
Orquestración
[editar | editar a fonte]A sinfonía está escrita para unha grande orquestra sinfónica composta por, aproximadamente, 100 músicos. Ao contrario que na maioría das súas obras posteriores, Mahler non emprega o continxente orquestral completo ao longo de toda a obra: algunnas partes, sobre todo de madeiras e metais, empréganse só no último movemento:
Instrumentación da Sinfonía Nº 1, "Titan" |
Madeiras |
4 frautas (III e IV dobran con piccolo, II dobra co piccolo no 1º e 4º movementos e IV tacet no 1º e 2º movementos); 4 óboes (III dobra con corno inglés e IV tacet nos movementos 1-3); 3 clarinetes en Si bemol, Do e La (III dobra con clarinete baixo en Si bemol e requinto); requinto (dobra brevemente ao clarinete IV en Si bemol no 3º movemento, "dobrado alo menos" no 4º movemento, e o clarinete IV permanece tacet no 2º movemento); 3 fagots (III dobra con contrafagot) |
Metais |
7 trompas (reforzadas por unha trompeta extra e un trombón no último movemento),[nota 1] 4 trompetas en Fa (I e II "a unha gran distancia" no primeiro movemento, a I duplicouse nos pasaxes en fortissimo do cuarto movemento),[nota 2] 4 trombóns (IV tacet nos movementos 1-3), tuba |
Percusión |
Timpani,[nota 3] pratos, ferriños, tam-tam, bombo (cun prato que se incorpora ao ser tocado polo mesmo músico no 3º movemento) |
Cordas |
Violíns (I e II), violas, violonchelos, contrabaixos, arpa (tacet no 2º movemento) |
Lanzamentos
[editar | editar a fonte]A sinfonía tivo a súa estrea en 1889 en Budapest, baixo o nome de "Symphonische Dichtung in zwei Teilen" (Poema sinfónico en dúas partes), pero logo Mahler volveu traballar nela, reformándoa, e dándolle o nobre de Titán.
Con este nome estreouse en 1893 en Hamburgo.
No entanto, Mahler seguiu traballando na obra, e finalmente quitoulle o seu nome, interpretándose por primeira vez na súa forma definitiva en Berlín, en 1896.
Discografía escollida
[editar | editar a fonte]- 1950 Bruno Walter / Opera Estatal de Baviera / Orfeo.
- 1954 Rafael Kubelík / Filharmónica de Viena / Decca.
- 1959 John Barbirolli / Filharmónica de Nova York / NYP Editions.
- 1961 Bruno Walter / Sinfónica Columbia / CBS.
- 1964 Georg Solti / Sinfónica de Londres / Decca.
- 1964 Karel Ančerl / Filharmónica Checa / Supraphon.
- 1966 Leonard Bernstein / Filharmónica de Nova York / CBS.
- 1967 Rafael Kubelík / Radio de Baviera / DG.
- 1969 Kirill Kondrashin / Filharmónica de Moscova / Melodiya.
- 1969 Jascha Horenstein / Sinfónica de Londres / Unicorn.
- 1971 Carlo Maria Giulini / Sinfónica de Chicago / EMI.
- 1974 Leonard Bernstein/ Filharmónica de Viena / DVD DG.
- 1987 Bernard Haitink / Filharmónica de Berlín / Philips Records.
- 1987 Seiji Ozawa / Sinfónica de Boston / Philips.
- 1990 Klaus Tennstedt / Sinfónica de Chicago / DVD EMI.
- 2006 Mariss Jansons / Concertgebouw / RCO.
- 2009 Claudio Abbado / Festival de Lucerna / DVD Euroarts.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Orixinalmente, Mahler dou instrucións para que varias trompas "de reforzo" se uniran á sección para os últimos 76 compases do último movemento. Porén, na súa revisión final da obra, esto foi cambiado por unha quinta trompeta e un cuarto trombón. Tamén dou instrucións a todas as trompas para que se puxeran de pé para conseguir o maior son posible dos instrumentos.
- ↑ A trompeta III dobra á trompeta en Si bemol "na distancia" fóra do escenario durante un breve pasaxe durante o primeiro movemento.
- ↑ 2 timbalistas, empregando un total de 5 instrumentos: Para os movementos 1 a 3, hai un só timbalista con timbais 29″ e 26″, ocasionalmente afogados. No último movemento, o primeiro timbalista toca eses mesmos timbais, mentres que o segundo emprega tres (29″, 26″ e 23″).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sinfonía nº 1 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sinfonía nº 1 de Mahler pola Lucerne Festival Orchestra baixo a dirección de Claudio Abbado (en YouTube)