Sinfonía nº 2 (Mahler)
Sinfonía nº 2 |
---|
A Sinfonía nº 2 de Mahler foi composta entre os anos 1888 e 1894. A estrea da obra realizouse en decembro de 1895, pola orquestra filharmónica de Berlín.
Orixe
[editar | editar a fonte]En febreiro de 1888 en Leipzig, Gustav Mahler comezou a composición dunha peza orquestral chamada Todtenfeier (Ritos funerarios). En maio dese mesmo ano, Mahler for designado como director da orquestra de Budapest e na súa nova estancia rematou a composición dos Todtenfeier. Cinco anos máis tarde, xa nomeado director da orquestra de Hamburgo, o compositor decatouse que os Todtenfeier non era unha peza independente, senón o primeiro movemento da súa segunda sinfonía. Nos anos 1893 e 1894 intensificouse o traballo na obra, dándoa por concluída o 28 de decembro de 1894. Posteriormente o propio autor fixo revisións menores da obra no 1909.
Estrutura
[editar | editar a fonte]En varias ocasións Mahler, deu explicacións sobre as motivacións e intencións da obra. O primeiro movemento representa a morte dun heroe e polo tanto presenta todo o carácter fúnebre dos orixinais Todtenfeier. O segundo e terceiro movementos son máis introspectivos e intimistas. Así o segundo ten un marcado carácter inocente e nostálxico, mentres que o terceiro inclúe certos aspectos grotescos. O cuarto e o quinto movemento son a resolución e afrontamento do último xuízo, redención e resurrección. Segundo o propio Mahler, os tres primeiros movementos son expositivos. Mentres que o cuarto e quinto conteñen os contidos máis importantes da obra.
Allegro Maestoso
[editar | editar a fonte]
| |||||
Problemas coa escoita deste ficheiro? Vexa a páxina de axuda. |
Debido ó tempo compositivo tan longo, as diferenzas entre o primeiro e o último movemento (os máis longos) son substanciais. Así o primeiro ten unha estrutura de sonata clásica. O seu carácter corresponde a unha marcha e a elección de Mahler da nota C menor, probablemente alude ó exemplo clásico de marcha: a marcha fúnebre da Heroica de Beethoven.
Andante moderato
[editar | editar a fonte]O máis salientable deste movemento é a danza inicial e a presenza do violoncello. A composición é similar ós Todtenfeier orixinais.
In ruhig fliessender bewegung
[editar | editar a fonte]O terceiro movemento é a expresión sinfónica da canción contida en Des Knaben Wunderhorn, O Sermón de San Antonio de Pádua ós peixes. Trátase dun scherzo cun aire entre irónico e sardónico.
Urlicht: Sehr Feierlich, aber schlicht
[editar | editar a fonte]
| |||||
Problemas coa escoita deste ficheiro? Vexa a páxina de axuda. |
O cuarto movemento contén a canción Urlicht (contida na recompilación Des Knaben Wunderhorn), sendo unha das favoritas de Mahler. O poema ten carácter de himno, e presenta unha gran naturalidade e simplicidade. A métrica é flexible, centrándose en acadar unha prosodia clara e entendible. O acompañamento coral é complexo e imaxinativo.
Finale-Im tempo des scherzos...Chorus: Aufersteh'N
[editar | editar a fonte]Mahler desexaba un final vocal á sinfonía. Escolleu para tal fin as dúas primeiras estrofas do Himno Resurrección do poeta Saxón do século XVIII, Friedrich Gottlieb Klopstock. O autor coñeceu este poema, cantado por un coro no funeral do compositor e director Hans von Bulow, no 1894 en Hamburgo. Impresionado, engadiu ó orixinal varios estrofas propias que insistían aínda máis nas ideas de redención e resurrección. Do poema de Klopstock, saíu o nome de Resurrección, co que popularmente se coñece a segunda sinfonía de Mahler.
Letra do cuarto movemento
[editar | editar a fonte]
O Röschen rot! |
Oh rosa vermella! |
Letra do quinto movemento
[editar | editar a fonte]
Aufersteh'n, ja aufersteh'n |
Resucitarás outra vez, si, |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sinfonía nº 2 |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Libreto CD: Mahler, Symphony Nº2 pola San Francisco Symphony. Michael Tilson Thomas (en inglés)