Shropshire
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
País | Inglaterra | ||||
Rexións | Midlands do Oeste - West Midlands | ||||
Capital | Shrewsbury | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 506.737 (2020) (145,3 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 3.487,5894 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Código NUTS | UKG22 | ||||
Sitio web | shropshire.gov.uk |
Shropshire /ˈʃrɒpˌʃə/ (abreviado Salop ou Shrops) é un dos corenta e sete condados de Inglaterra, Reino Unido, con capital en Shrewsbury.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situado na rexión Midlands do Oeste limita ao norte con Cheshire, ao leste con Staffordshire, ao sur con Worcestershire e Herefordshire, e ao oeste e noroeste con Gales.[1][2]
Ten unha superficie de 3 487 km² e, no ano 2018 unha poboación de 473 900 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 136 hab./km².
Localizada na zona leste do condado áchase unha autoridade unitaria, Telford & Wrekin, onde se sitúa a súa vila máis grande, Telford. O resto do condado era unha autoridade de dous niveis dividida en cinco distritos, pero desde o 1 de abril de 2009 é unha autoridade unitaria tamén.[3]
Shropshire está atravesado polo río Severn, que divide a rexión en dúas partes. A zona norte és un terreo chan e apto para os cultivos, mentraes que a zona sur é un terreo elevado, onde se encontra a Área de Destacada Beleza Natural dos outeiros de Shropshire.
Historia
[editar | editar a fonte]Durante algúns séculos, o condado recibiu o nome oficial de "Salop", derivado do antigo nome da capital, "Salopesbiry". En 1888 estableceuse o consello do condado baixo o nome de "Consello do condado de Salop". Este nome non foi nunca popular e, en 1980, o consello renomeouse como "Consello do condado de Shropshire". Porén, o termo "Salopian", derivado de "Salop", aínda se usa para denominar algo que procede de Shropshire.
O 25 de xullo de 1995, Stephen P. Laurie, astrónomo da vila de Shropshire de Church Stretton, descubriu un asteroide ao que lle deu o nome (7603) Salopia, conmemorando o nome en latín do condado, Salopia.[4]
Economía
[editar | editar a fonte]A economía do condado baséase na agricultura e na gandaría. Elabórase un queixo azul que leva o nome do condado, Shropshire, pero foi creado na cidade de Inverness no norte de Escocia. Por iso, o seu nome serve soamente para asocialo cun condado rural.[5]
A Clun Forest Sheep (ovella do bosque de Clun) é unha variedade de ovella do bosque cerca da vila de Clun, no suroeste de Shropshire. Foi introducida en Nova Escocia (Canadá) en 1970, e agora críase en toda América do Norte, e incluso en Hawai.[6]
Ademais da agricultura e gandaría, tamén posúe industrias metalúrxicas. Este condado é a "capital xeolóxica" da Gran Bretaña, xa que todos os tipos de rochas que se encontran e no norte de Europa están presentes en Shropshire. Isto inclúe depósitos de carbón, cobre e chumbo. Ademais, o río Severn, que atravesa o condado, utilizouse como medio de transporte de mercadorías e servizos.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Bandeira
-
Brown Clee Hill, o outeiro máis alto do Shropshire (540 m)
-
O río Severn
-
Ponte de ferro sobre o río
-
Praza da capital, Shrewsbury
-
Centro Comercial de Telford, a vila máis grande de Shropshire
-
O centro de Shrewsbury ten varios centros comerciais como Darwin, Pride Hill e Riverside
-
Os grandes almacénes Beatties abriron en 2004 no extrermo oeste do Centro Comercial de Telford
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Office for National Statistics (2009). "United Kingdom: Counties and Unitary Authorities" (PDF) (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2019.
- ↑ Office for National Statistics. "Counties, Non-metropolitan Districts and Unitary Authorities" (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2019.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2010. Consultado o 09 de decembro de 2019.
- ↑ 7603 Salopia. NASA.
- ↑ O queixo Shropshire Blue (en inglés).
- ↑ A ovella Clun Forest (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Shropshire na Encyclopaedia Britannica (1911).