Shenzhen
深圳 (zh) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | República Popular da China | ||||
Provincias da República Popular da China | Provincia de Cantón | ||||
Capital | Distrito de Futian (pt) | ||||
Contén a división administrativa | Bao'an District (en) Dapeng New District (en) Distrito de Futian (pt) Distrito de Luohu (pt) Distrito de Nanshan (pt) Distrito de Yantian (pt) Guangming District (en) Longgang District (en) Longhua District (en) Pingshan District (en) Shen-Shan Special Cooperation Zone (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.628.900 (2013) (5.321,71 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua chinesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.997,27 km² | ||||
Altitude | 0 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1979 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Shenzhen Municipal People's Government (en) | ||||
• Alcalde | Chen Rugui (en) (2017–) | ||||
Órgano lexislativo | Shenzhen Municipal People's Congress (en) , | ||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2008–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 518000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 755 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Vilnius (2017–) | ||||
Sitio web | sz.gov.cn |
Shenzhen (en chinés: 深圳; pinyin: Shēnzhèn) é unha cidade de China que linda polo sur con Hong Kong, na beira oriental do Delta do Río das Perlas. Esa estratéxica situación foi a causa de que en 1979 fose escollida coma primeira Zona Económica Especial, coa que as autoridades chinesas comezaron a abrir a economía do país ao capitalismo.
O éxito ten sido tal que, dunha pequena poboación pesqueira, en trinta anos converteuse nunha das maiores metrópoles do mundo, cunha poboación real estimada de máis de doce millóns de habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]Aínda que o seu nome aparece xa en tempos da dinastía Ming, en 1410, Shenzhen non foi máis que unha pequena vila pesqueira ata 1979 [1]. Nese ano, as autoridades chinesas escolleron a súa situación privilexiada ao norte de Hong Kong, para iniciar unha apertura do país os investimentos estranxeiros a través das chamadas Zonas Económicas Especiais, das que Shenzhen sería o primeiro exemplo [2].
Enclavada xusto no van do ferrocarril, que dende Hong Kong vai cara ao norte, sobre o río que fai de fronteira cos Novos Territorios, o homónimo río Shenzhen, o distrito xa construído era o da estación (dende 1911), Luohu [3].
En 1980 iniciáronse as obras da cidade moderna [4]. Unha primeira extensión do distrito de Luohu (Primeiro Plan Mestre, 1982) faise pronto insuficiente [5][6].
A partir de 1986, un Segundo Plan Mestre ordena a expansión da cidade cara ao oeste (distrito de Futian), onde hoxe se planifica o centro dos negocios da actual metrópole [7][8][9][10].
E novamente, no ano 2000 aprobouse o Terceiro Plan Mestre, co desenvolvemento de toda a faixa costeira e o interior dos límites municipais, xa coas infraestruturas dunha grande urbe: porto en Nantou (Nanshan), aeroporto, autoestradas, metro conectado co de Hong Kong.[11][12].
O crecemento ten sido tan abraiante que non hai precedentes na historia moderna, acuñando o termo "velocidade de Shenzhen" (duns miles de habitantes a máis de dez millóns en trinta anos). Pero aínda continúa e os estudosos pregúntanse se resultará sostible. A máis estase comezando a falar dunha posible integración entre Shenzhen e Hong Kong que competiría coas metrópoles globais do planeta (Nova York, Londres, París, Toquio). E sen esquecer o contexto do Delta do Río das Perlas, coa contigüidade polo norte de Dongguan (máis de seis millóns de habitantes) e Cantón, que pon no futuro unha das megalópoles punteiras (a fábrica do mundo neste tempo).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2010. Consultado o 29 de xuño de 2009.
- ↑ [1][Ligazón morta]
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2010. Consultado o 29 de xuño de 2009.
- ↑ [2]
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2012. Consultado o 04 de setembro de 2012.
- ↑ [3]
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 01 de xullo de 2009.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2012. Consultado o 15 de setembro de 2012.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2013. Consultado o 02 de xullo de 2009.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2011. Consultado o 07 de setembro de 2011.
- ↑ [4]
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2012. Consultado o 21 de outubro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Shenzhen |