Saltar ao contido

Delta do Río das Perlas

Modelo:Xeografía políticaDelta do Río das Perlas
Vista aérea
Imaxe

Localización
Mapa
 22°32′00″N 113°44′00″L / 22.533333333333, 113.73333333333
EstadoRepública Popular da China
Provincias da República Popular da ChinaProvincia de Cantón Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5017192

A Rexión Metropolitana do Delta do Río das Perlas (chinés simplificado: 珠江三角洲城市圈; pinyin: Zhūjiāng Sānjiǎozhōu Chéngshìquān) é un vasto conglomerado urbano do sur da China, en torno ao esteiro do río Xi (ou río das Perlas), entre Hong Kong e Macau.[1] Pola súa extensión e rápido crecemento demográfico (sobre todo, na área de Shenzhen), está considerada unha das conurbacións máis grandes do mundo.[1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Trátase dunha rexión urbanizada con dous centros principais: Hong Kong, porto e praza financeira de primeira orde; e Cantón ou Guangzhou, no vértice norte do delta, capital da provincia de Guangdong e metrópole cultural histórica do sur da China.[2][3]

Na actualidade, destaca Shenzhen, xusto ao norte de Hong Kong. A comezos dos noventa era unha pequena poboación pesqueira mais, tras ser elixida como primeira "zona económica especial" da República Popular en 1980, converteuse nunha metrópole de máis de dezasete millóns de habitantes (2022).[4][5]

Outras cidades importantes son a illa de Macau, antiga colonia portuguesa, e Zhuhai, un porto próximo a Macau que está a experimentar un gran crecemento.[6][7]

Principais cidades da conurbación

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "Where is the Pearl River Delta?". WorldAtlas (en inglés). 2017-10-25. Consultado o 2023-12-31. 
  2. "Hong Kong - History, China, Location, Map, & Facts - Britannica". www.britannica.com (en inglés). 2023-12-30. Consultado o 2023-12-31. 
  3. "Guangzhou - History, Population, Map, Climate, & Facts - Britannica". www.britannica.com (en inglés). 2023-12-15. Consultado o 2023-12-31. 
  4. 4,0 4,1 "深圳市". 百度百科. Consultado o 2023-12-30. 
  5. "Shenzhen - China, Map, Population, & Facts - Britannica". www.britannica.com (en inglés). 2023-12-24. Consultado o 2023-12-31. 
  6. "Macau - The World Factbook". www.cia.gov. Consultado o 2023-12-31. 
  7. "Zhuhai: A Garden City Linked by Hong Kong-Zhuhai-Macau Bridge". www.travelchinaguide.com. Consultado o 2023-12-31. 
  8. "广州市". 百度百科. Consultado o 2023-12-31. 
  9. "香港特别行政区". 百度百科. Consultado o 2023-12-31. 
  10. "东莞市". 百度百科. Consultado o 2023-12-31. 
  11. "惠州". 百度百科. Consultado o 2023-12-31. 
  12. "澳門". 百度百科. Consultado o 2023-12-31. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]