Saltar ao contido

Serxio III, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSerxio III, papa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 860 Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte14 de abril de 911 Editar o valor en Wikidata (50/51 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteveleno Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Pedro Editar o valor en Wikidata
119º Papa
3 de febreiro de 904 – 14 de abril de 911
← León VAnastasio III → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, sacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Influencias
Familia
ParellaMarozia Editar o valor en Wikidata
FillosXoán XI Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Rome-210

Serxio III, nado en Roma e finado o 14 de abril de 911, foi o 119º papa da Igrexa católica, entre o 29 de xaneiro de 904 e a súa morte.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa elección supuxo o inicio dun período da historia do papado coñecido como "pornocracia", debido á influencia que nas decisións papais xogaron as amantes dos pontífices.

Conde de Túsculo, foi nomeado bispo de Cerveteri polo papa Formoso, foi non obstante un dos participantes no concilio do cadáver celebrado contra dito pontífice a instancias de Estevo VI, que rematou coa exhumación e profanación do cadáver.

Á morte de Estevo VI en 897, intentou, apoiado pola familia Spoleto, acceder por primeira vez ao trono papal, aínda que fracasou ao resultar elixido Teodoro II.

Ao ano seguinte intentou por segunda vez acceder ao pontificado, fracasando novamente ao ser elixido Xoán IX, o que lle supuxo ser excomungado e exiliado ata que o papa León V revogou a excomuñón e puido volver a Roma en 903.

Tralo seu regreso, e apoiado pola familia Spoleto e sobre todo polo senador e xefe militar de Roma, Teofilacto I, depuxo e fixo encarcerar ao antipapa Cristovo para logo facelo estrangular xunto ao papa León V.

Eliminados o papa e o antipapa, os seus valedores fixérono elixir pontífice o 29 de xaneiro de 904, e mandou anular os decretos xurdidos de todos os concilios celebrados desde 898 co obxecto de rehabilitar a Formoso.

Serxio III tivo como amantes á esposa de Teofilacto e á filla deste, Marozia, coa que tivo un fillo, o futuro papa Xoán XI, e que se converteron nas verdadeiras gobernantes de Roma durante varios decenios.

Durante o seu pontificado, en 905 o emperador Luís III intentou regresar do seu exilio, sendo capturado e cegado polo rei de Italia Berenguer I, que o destituíu como emperador e intentou sen éxito que o papa Serxio o coroase como sucesor.

Na súa relación con Bizancio, autorizou o cuarto matrimonio do emperador León VI coa súa amante Zoe, que lle dera o seu único herdeiro. Así, non só se enfrontou co Patriarca de Constantinopla, Nicolás o Místico senón que ignorou tanto a lexislación civil da época, como a eclesiástica.

Entre os aspectos positivos do seu pontificado cabe sinalar que durante o mesmo, en 910, fundouse a abadía beneditina de Cluny grazas á doazón dunha vila feita polo duque Guillerme I de Aquitania coa condición de que a mesma dependese directamente do papa e non dun nobre ou un bispo.

Así mesmo reconstruíu a basílica de San Xoán de Latrán que fora destruída por un terremoto.

Predecesor:
León V
Papa

904911
Sucesor:
Anastasio III

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.