Seppuku
Aparencia
Seppuku (切腹 lit. "corte do ventre"?), comunmente coñecido no occidente por haraquiri (腹切 ou 腹切り?), é o termo xaponés empregado para denominar un suicidio por destripamento.[1] En xaponés a palabra 'hara-kiri' non se emprega por ser considerada vulgar. Era unha práctica común entre samurais, que consideraban a súa vida como unha entrega á honra de morrer gloriosamente, rexeitando calquera tipo de morte natural. Por iso, antes de ver a súa vida deshonrada por un delito ou falla cometida, recorrían con este acto a se dar á morte (tal e como significan esas palabras, hara-kiri: «corte do ventre»).