Retrato pictórico
- Véxase Retrato para saber máis sobre o tema en xeral dos retratos.
O retrato pictórico é un xénero dentro da pintura, no que se pretende representar a aparencia visual do suxeito, en particular cando o que se retrata é un ser humano, aínda que tamén poden representarse animais. Os retratistas traballan por encargo, tanto de persoas públicas como de particulares, ou inspirados pola admiración e o afecto cara ao protagonista. A miúdo son documentos de familia ou de Estado, así como recordos da persoa retratada. Cando o artista se retrata a si mesmo trátase dun autorretrato.
Historicamente, os retratos representaban os ricos e poderosos. Pero co tempo, difundiuse entre a clase media o encargo de retratos das súas familias e colegas. Aínda hoxe, persiste a pintura de retrato como encargo de gobernos, corporacións, asociacións ou individuos.
Dentro da xerarquía dos xéneros, o retrato ten unha postura ambigua e intermedia; por unha banda, representa a unha persoa feita a semellanza de Deus, pero doutra banda, á fin e ao cabo trátase de glorificar a vaidade dunha persoa.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- The New Age columna «Art Notes» de 29 de febreiro de 1918 é unha análise razoada sobre a arte do retrato por B.H. Dias (seudónimo de Ezra Pound), un penetrante marco de referencia para ver calquera retrato, antigo ou moderno.
- Azcárate Ristori, J.M.ª e outros, Historia del Arte, Anaya, 1986. ISBN 84-207-1408-9.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nadeije Laneyrie-Dagen, Ler a pintura, Spes Editorial, S.L., Barcelona, 2007, p. 32