As Nogais
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital | As Nogais | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 958 (2023) (8,52 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 112,4 km² | ||||
Altitude | 668 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde das Nogais | Jesús Núñez Díaz | ||||
Eleccións municipais nas Nogais | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27... | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27037 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
As Nogais é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares linda con Pedrafita do Cebreiro, Cervantes, Becerreá e Triacastela. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.191 habitantes (1.441 no 2006, 1.477 no 2005, 1.501 no 2004, 1.520 no 2003). O xentilicio é nogalego.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello esténdese pola vertente meridional da serra dos Ancares e o val que forma o curso alto do río Navia. Limita ao noroeste con Becerreá, ao noroeste con Cervantes, ao sur con Pedrafita do Cebreiro e ao oeste con Triacastela. É un territorio extenso (112,4 km²), cunha densidade de poboación moi reducida, inferior aos 15 hab./km². Atravésao a N-VI e a A-6 (km 444).
As alturas máximas atópanse na serra dos Ancares, en serras pequenas como Travesa, Pintinidoira e Chan de Pereira (entre os 1.000 e os 2.000 m) e nos contrafortes das Serras do Piornal e Rañadoiro, para o sur e o suroeste, que superan os 1.300, chegando aos 1.387 m no Pico do Corvo. O fondo do val do Navia transcorre entre os 500 e os 800 m.
O Navia, que nace en Pedrafita do Cebreiro, atravesa As Nogais de sueste a noroeste e recolle a auga de, entre outros, o río de Valdeparada e o regato de Boullón.
Os invernos son fríos e os veráns frescos, cunha temperatura media anual é de 9 °C e unha oscilación térmica de 13 °C.
Poboación
[editar | editar a fonte]Censo total | 1.191 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 80 (6.72 %) |
Entre 15 e 64 anos | 649 (54.49 %) |
Maiores de 65 anos | 462 (38.79 %) |
Historia
[editar | editar a fonte]Houbo asentamentos castrexos como os do castro de Vilabol, Vilaesteva e Quintá. Sitúase aquí, posibelmente, a mansión romana de Ponte Naviae, da calzada de Braga a Astorga. No camiño real que levaba a Castela, a parte máis dura da subida a Pedrafita comezaba aquí. Esta entrada a Galiza era defendida pola torre de Doncos e os castelos de Doiras e Valcarce. No século XIV, Doncos era propiedade do adiantado maior de Galicia, García Rodríguez de Valcarce; no XV pertenceu ao conde de Ayala e a condesa de Monterrei, pero en 1603, cando era propiedade de Fernando de Toledo, figura xa como torre abandonada.
O beneficio eclesiástico correspondía á casa e señorío de Torés, tenencia do marquesado de Camarasa. Parece que no lugar de Santo André houbo un eremitorio, convertido en mosteiro e pronto desaparecido.
Durante a Guerra da Independencia Española, as tropas francesas incendiaron Doncos e outros lugares. En 1835, a veciñanza formou unha partida de voluntarios para perseguir os carlistas.
Até 1916 recibía simplemente o nome oficial de Nogales, pero nese ano pasou a ser chamado Los Nogales para distinguilo doutros concellos de España (Nogales de Badaxoz).[2]
Da parroquia de Doncos foron naturais Balbino Santín Aira, de Sebrás e asasinado no campo de concentración nazi de Mauthausen o 10 de decembro de 1941 e Lisardo Freijo, nado en Doncos, e coñecido como Tenente Freixo ou Teniente Freijo, militar republicano primeiro, guerrilleiro antifranquista despois e morto o 26 de xuño de 1946 nun enfrontamento coa Garda Civil.
Economía
[editar | editar a fonte]A poboación decae rapidamente. O hábitat é concentrado, arredor dos cursos de auga e da estrada e con algúns núcleos dispersos. Máis da metade dedícase ao sector primario en explotacións familiares reducidas. Destaca a gandaría (vacas). Os cultivos máis importantes son os cereais (centeo, trigo e millo), patacas e hortalizas. Nos últimos anos tamén se repoboou moito o monte.
Non hai industria e o sector terciario dedícase á atención dos viaxeiros.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes das Nogais.
-
Casa en Doncos.
-
Igrexa de San Pedro de Quintá.
-
Placa altimétrica na casa do concello.
Lugares das Nogais
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello das Nogais vexa: Lugares das Nogais.
Parroquias
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 53. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ Méndez Fernández, Luz (2016). Real Academia Galega, ed. "Galicia no Decreto de 1916". Boletín da Real Academia Galega (377): 365–383. ISSN 1576-8767.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: As Nogais |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- López Pombo, Luis (1993). Concellos de As Nogais, Pedrafita do Cebreiro y Triacastela. Un recorrido por sus parroquias (en castelán). Deputación de Lugo.
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |