Primo Levi
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
(1950) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de xullo de 1919 Turín, Italia |
Morte | 11 de abril de 1987 (67 anos) Turín, Italia |
Causa da morte | morte accidental suicidio |
Lugar de sepultura | Cemiterio Monumental de Turín |
Residencia | Turín |
Relixión | Ateísmo e xudaísmo |
Educación | Universidade de Turín Liceo Classico Massimo D'Azeglio (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Actividade literaria e filosofía |
Ocupación | químico, novelista, escritor de ciencia ficción, autobiógrafo, escritor, poeta, político, filósofo |
Período de actividade | 1947 - 11 de abril de 1987 |
Partido político | Partito d'Azione (pt) |
Xénero artístico | Memorias |
Pseudónimo literario | Damiano Malabaila Damiano Malabalia |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Lucia Morpurgo |
Parentes | Simona Levi, tío |
Cronoloxía | |
1933-1945 | Holocausto |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Dizionario degli scrittori italiani contemporanei pseudonimi: 1900-1975 (en) , (p.172-173) >>>:Malabalia Damiano (Primo Levi) |
|
Primo Levi, nado en Turín o 31 de xullo de 1919 e finado o 11 de abril de 1987, foi un escritor italiano. Escribiu memorias, contos, poemas, e novelas. É coñecido sobre todo polo seu traballo sobre o Holocausto, en particular, por ser prisioneiro en Auschwitz-Birkenau. O seu libro Se isto é un home está considerado un dos máis importantes libros de memorias do século XX.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu dentro dunha familia xudía liberal. En 1934 entrou no Massimo d'Azeglio liceo clasico, unha escola secundaria especializada no estudo dos libros clásicos. A escola era coñecida polos seus profesores antifascistas, entre eles Norberto Bobbio e, durante algúns meses, Cesare Pavese, que despois se convertería nun dos mais coñecidos novelistas italianos. Moitos biógrafos afirman que Pavese foi o profesor de italiano de Levi e unha das súas maiores influencias intelectuais. Este mito foi refutado por Thomson, biógrafo definitivo de Levi.
Levi rematou a escola en 1937 e entrou na Universidade de Turín, onde estudou química. En 1938, o goberno Fascista aprobou unha serie de leis raciais que prohibían aos cidadáns xudeus asistir a escolas públicas. Como resultado destas novas directrices, Levi, a pesar do seu empeño, tivo dificultades para atopar un director para a súa tese. Mesmo así, conseguiu doutorarse en 1941, con méritos. O seu diploma foi marcado coa expresión de raza xudía. As leis raciais tamén impediron que Levi encontrase unha ocupación permanente na facultade, despois do doutoramento.
Auschwitz
[editar | editar a fonte]En setembro de 1943, despois de que o goberno italiano asinara o armisticio cos Aliados, o expresidente Benito Mussolini foi rescatado da prisión polos alemáns. Pasou a dirixir un pequeno estado italo-xermánico no norte de Italia, coñecido como República Social Italiana. O movemento de resistencia italiano fíxose moi activo nesta zona ocupada parcialmente polos alemáns. Levi, xunto con varios dos seus colegas, uníronse aos partisanos, coñecidos co nome de Movemento Xustiza e Liberdade. Sen ningún adestramento militar, foron feitos prisioneiros pola milicia fascista que entregou a Levi ao exército de ocupación alemán ao identificarse como xudeu –como partisano teríano fusilado inmediatamente–. Enviárono a un campo de prisioneiros en Fossoli, preto de Módena.
O 11 de febreiro de 1944, os prisioneiros do campo foron trasladados a Auschwitz. Levi permaneceu once meses no chamado campo da morte, ata ser liberado polo Exército Vermello. Dos 650 xudeus italianos enviados a Auschwitz con Levi, só vinte sobreviviron.
Levi sobreviviu por unha conxunción de factores. Sabía un pouco de alemán, polas publicacións sobre química que lía; deuse conta rapidamente que precisaba a toda costa pasar desapercibido, sen chamar a atención nin dos gardas nin dos prisioneiros. A súa experiencia profesional tamén foi de moita axuda: en novembro de 1944 pasou a traballar como asistente no laboratorio de Buna, que investigaba un novo tipo de caucho sintético. Así conseguiu polo menos manterse á calor dentro do laboratorio. Despois da liberación do campo, padeceu escarlatina. Iso tamén salvou a súa vida, porque os demais prisioneiros foran evacuados do campo polas forzas da SS no que se coñeceu como marcha da morte.
Aínda que foi liberado o 27 de xaneiro de 1945, Primo Levi non regresou a Turín ata o 19 de outubro daquel ano. Despois de pasar algún tempo nun ex-campo de concentración soviético, xa recuperando, embarcouse nunha longa viaxe ata a súa casa, na compaña doutros italianos, prisioneiros de guerra en Rusia. Durante esta viaxe, pasou por Polonia, Romanía, Hungría, Austria e Alemaña.
Literatura
[editar | editar a fonte]Ao regreso a Italia, Levi converteuse en químico industrial na fábrica SIVA. Comezou a escribir sobre as súas experiencias no campo de concentración e sobre a súa viaxe de volta á patria, reflectidas en dous libros, hoxe considerados clásicos: Se isto é un home (Se questo è un uomo) e A tregua (La tregua). Se isto é un home foi rexeitado por Einaudi, a aclamada e comunista casa editorial de Turín. Unha pequena editora, De Silva, lanzou o libro en novembro de 1947, nunha edición de 2000 exemplares. A pesar dunha crítica positiva escrita por Italo Calvino no periódico L'Unità, só se venderon 1500 copias. Levi tivo que agardar ata 1958 para que Einaudi reeditase o libro, nunha edición revisada e ampliada.
A Tregua apareceu en 1963, case 16 anos despois do seu primeiro libro e no mesmo ano que Levi gañou o Premio Campiello. Normalmente publicado xunto a Se isto é un home, A Trégua conta a súa longa viaxe despois da liberación de Auschwitz. O libro consolidou a reputación de Levi. Pasou a publicar regularmente artigos para o periódico La Stampa. Pero el non quería ser recoñecido só como memorialista, senón como escritor de ficción. Infelizmente, o seu traballo menos coñecido é xustamente unha colección de historias de ciencia ficción de cuño extremadamente pesimista, titulada Vizio di Forma.
A ambiciosa novela Se agora non, cando?, que conta a historia dun grupo de partisanos xudeus errantes por Rusia e Polonia durante a segunda guerra mundial, gañou os destacados premios Viareggio e Campiello cando foi publicada en Italia, e fixo a Levi internacionalmente coñecido.
Tamén escribiu outras dúas obras de memorias: Momentos de reparación e O Sistema Periódico. Momentos de reparación trata dos homes que observou durante a prisión no campo de concentración. O Sistema Periódico é unha colección de pequenas historias, a maioría episodios da súa vida pero tamén dous contos de ficción que escribiu antes de ser enviado a Auschwitz, todos relacionados, dalgún xeito, cos elementos químicos. Na Real Academia de Londres, o 19 de outubro de 2006, O Sistema Periódico foi considerado o mellor libro de ciencia escrito nunca.
Levi xubilouse no seu cargo como xerente na SIVA en 1977 e dedicouse a escribir a tempo completo. Dos libros producidos durante este período, o máis importante é tamén o último, Os afogados e os sobreviventes, unha análise do Holocausto na que Levi explica que, a pesar de non odiar aos alemáns, non os perdoou xamais. O seu conto máis famoso foi publicado na coletanea A chave inglesa (1978).
Morte
[editar | editar a fonte]Levi morreu o 11 de abril de 1987, despois de caer no oco da escaleira interior do edificio de tres andares onde vivía. Especúlase, ata hoxe, que se suicidase. Naquel momento, Elie Wiesel dixo que "Primo Levi morreu en Auschwitz corenta anos despois". Aínda que moitos parentes argumentan que a caída foi accidental, a maioría dos biógrafos tende a aceptar a tese do suicidio.[Cómpre referencia]
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Se questo è un uomo (1956, pero escrito en 1946). Publicado en galego por Xerais, en 2019, como Se isto é un home.
- La tregua (1963). (A tregua)
- Storie naturali (1966, co pseudónimo de Damiano Malabaila). (Historias naturais).
- Vizio di forma (1971).
- Lilìt e altri racconti (1971). (Lilit e outros contos)
- Il sistema periodico (1975). (O Sistema Periódico)
- La chiave a stella (1978). (A chave estrela)
- La ricerca delle radici (1981). (A busca das raíces)
- Se non ora, quando? (1982). (Se agora non, cando?)
- Ad ora incerta (1984). (A hora incerta)
- L'altrui mestiere (1985).
- I sommersi e i salvati (1986). (Os afogados e os sobreviventes)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Primo Levi |
A Galicitas posúe citas sobre: Primo Levi |