Saltar ao contido

Piciformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piciformes

Peto de Carolina,
(Melanerpes carolinus)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Piciformes
Meyer & Wolf, 1810
Familias

Picidae
Capitonidae
Ramphastidae
Galbulidae
Bucconidae
Indicatoridae

Piciformes é unha orde de aves que está formada por seis familias, entre as que se inclúen os petos (Picidae), tucanos (Ramphastidae) e a outros semellantes. Nestas seis familias hai aproximadamente uns 67 xéneros e unhas 400 especies.

En xeral, as Piciformes son insectívoras, aínda que os tucanos coman principalmente froitas e os Indicadores cera de abella. A maioría teñen dous dedos cara a adiante e dous cara a detrás, o que lles serve de grande axuda ao pasar bastante tempo nas pólas das árbores.

A miúdo as familias Galbulidae e Bucconidae son separadas formando unha orde de seu; Galbuliformes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]