Saltar ao contido

Niño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Niño con forma de cesto.

Un niño, do latín nidus,[1] é un lugar de refuxio utilizado por animais para procrear e criar á súa descendencia.

Os ovíparos (aves, réptiles, insectos, peixes) depositan os seus ovos e incúbanos, mentres que os mamíferos paren neles, pero todos crían posteriormente a súa prole nos niños.

Materiais e localizacións

[editar | editar a fonte]
Femia de cisne aniñando na illa das Esculturas (Pontevedra).

Adoitan ser xeralmente de material orgánico, ramas, herba e follas, e poden estar pendurados sobre as pólas ou no oco dunha árbore, nunha fenda ou entrante de rocha, sobre o chan ou entre matogueira. Na actualidade tamén se colocan caixas de madeira para favorecer a creación de niños das distintas especies.

Tipoloxías

[editar | editar a fonte]
Niño nunha árbore. Nótase a difícil visualización aínda estando a árbore sen follas.
Niño nunha árbore. Nótase a difícil visualización aínda estando a árbore sen follas.

En xeral, cada especie ten uns estilos propios de niños, tanto en situación, forma e materiais, aínda que existen especies que comparten os mesmos niños e mesmo algunhas especies rouban os niños doutras.

Notas

  1. "ninho; Origem da palavra". origemdapalavra.com.br. Consultado o 2024-07-09. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.