Penélope Cruz
Penélope Cruz Sánchez, nada en Madrid o 28 de abril de 1974, é unha actriz española. Aínda que inicialmente foi bailarina e presentou programas de televisión, é mundialmente coñecida pola súa faceta cinematográfica, participando en películas realizadas en español, inglés e outros idiomas, coas que acadou un éxito importante e varios premios.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Infancia e adolescencia
[editar | editar a fonte]Penélope Cruz é filla de Eduardo Cruz (comerciante) e Encarna Sánchez (peiteadora), unha familia humilde de San Sebastián de los Reyes, Madrid. Axiña se sentiu atraída polo mundo da arte e a interpretación e, especialmente desde o momento no que viu a película ¡Átame! nun cinema da Praza Maior de Madrid. A partir dese momento decidiu ser actriz para poder chegar a cumprir un soño: traballar con Almodóvar. Completou o segundo ano do ensino secundario pero deixou a escola ós quince anos tras bater a máis de 300 rapazas nunha audición de talentos. Recibiu nove anos de aprendizaxe de ballet clásico no Conservatorio Nacional de Madrid, catro anos de mellora da danza en diversos cursos na Escola Cristina Rota en Nova York, e tres anos de ballet español con Ángela Garrido. Tamén realizou cursos de baile de jazz con Raúl Caballero.
Carreira cinematográfica
[editar | editar a fonte]A primeira aparición notoria de Penélope foi a súa participación no videoclip "La fuerza del destino" do grupo technopop Mecano. Máis adiante comezou unha relación que durou varios anos con Nacho Cano, membro do grupo xunto con José María Cano e a vocalista Ana Torroja.
Foi condutora de La quinta marcha, un programa de televisión orientado a adolescentes onde coincidiu con Jesús Vázquez.
As primeiras películas nas que actuou foron Jamón, Jamón (Bigas Luna, 1992), na que saíu potenciada coa súa imaxe de sex-simbol e Belle Époque, de Fernando Trueba, película que gañou o Oscar á mellor película en lingua non inglesa en 1993.
En 1997, protagonizou Abre los ojos co papel de Sofía. Nesta película, dirixida por Alejandro Amenábar, actuaba xunto a Eduardo Noriega. O seu soño de xuventude cumpriuse en 1997, cando protagonizou a carón de Javier Bardem a película de Pedro Almodóvar Carne trémula. Porén, é outra a película de Almodóvar á que agradece a súa fama mundial, Todo sobre mi madre (1999), película gañadora do Oscar á mellor película en lingua non inglesa.
En 2000 deu o salto a Estados Unidos e actuou xunto a Matt Damon en All the pretty horses. En 2004 protagonizou a película italiana No te muevas, pola que gañou o premio David de Donatello á mellor interpretación feminina e foi candidata ó Premio Goya á mellor actriz.
A seguinte colaboración entre Pedro Almodóvar e Penélope foi en Volver (2006), película que protagonizou e pola que gañou o premio á mellor interpretación feminina no Festival de Cannes de 2006 (compartido co resto de actrices do filme: Carmen Maura, Chus Lampreave, Lola Dueñas, Blanca Portillo e Yohana Cobo).
Tamén por este papel recibiu no mes de outubro de 2006 o premio á mellor interpretación feminina nos Hollywood Awards, galardóns outorgados anualmente por críticos de cinema, produtores e directores de festivais e obtivo un nomeamento ó Globo de Ouro coma mellor actriz.
O papel de Raimunda en Volver tamén lle valeu a Penélope Cruz o Premio Goya á mellor actriz protagonista en 2007, así como un nomeamento ao Premio Oscar na mesma categoría, convértendose na primeira intérprete española en ser candidata a este galardón.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Practica a filosofía budista. En 2000, tras protagonizar a película All the pretty horses tomou a decisión de facerse vexetariana.
En 2006 rompeu a súa relación con Matthew McConaughey ó que coñeceu na película Sahara. Previamente estivera con Tom Cruise, co que mantén unha boa amizade.
Ten un irmán, Eduardo Cruz, músico e cantante, e unha irmá, Mónica Cruz, tamén actriz e bailarina, que saltou á fama como unha das protagonistas da serie Un paso adelante, e que garda un gran parecido físico con Penélope.
Penélope Cruz fala catro idiomas: castelán, inglés, francés e italiano.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- El laberinto griego (1991)
- Jamón, jamón (1992)
- Belle Époque (1992)
- Por amor, sólo por amor (1993)
- La rebelde (1993)
- Todo es mentira (1994)
- Entre rojas (1994)
- Alegre ma non troppo (1994)
- Hablando con los ángeles (1995)
- El efecto mariposa (1995)
- Brujas (1995)
- La Celestina (1996)
- El amor perjudica seriamente la salud (1996)
- Más que amor, frenesí (1996)
- Framed (1996)
- Carne trémula (1997)
- Abre los ojos (1997)
- La hija de Mata-Hari (1997)
- The Hi-lo country (1998)
- Pasiones rotas (1998)
- Lluvia en los zapatos (1998)
- La niña de tus ojos (1998)
- Don Juan (1998)
- Volavérunt (1999)
- Todo sobre mi madre (1999)
- Woman on Top (2000)
- All the Pretty Horses (2000)
- Sin noticias de Dios (2001)
- Vanilla Sky (2001)
- La mandolina del capitán Corelli (2001)
- Blow (2001)
- Waking Up in Reno (2002)
- Fanfan la Tulipe (2003)
- Masked and Anonymous (2003)
- Gothika (2003)
- Noel (2003)
- Head in the Clouds (2004)
- Non ti muovere (2004)
- Sahara (2005)
- Chromophobia (2005)
- Volver (2006)
- Bandidas (2006)
- The Good Night (2007)
- Elegy (2008)
- Vicky Cristina Barcelona (2008)
- Manolete (2008)
- Nine (2009)
- Los abrazos rotos (2009)
- Sex and the City 2 (2010)
- Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides (2011)
- To Rome With Love (2012)
- Venuto al mondo (2012)
- Los amantes pasajeros (2013)
- The Counselor (2013)
- Ma ma (2015)
- The Brothers Grimsby (2016)
- Zoolander No. 2 (2016)
- La reina de España (2017)
Premios
[editar | editar a fonte]- 2009: Gañadora do Óscar á mellor actriz secundaria por Vicky Cristina Barcelona
- 2006: Nomeada ó Óscar á mellor actriz por Volver
- 2006: Nomeada ó Globo de Ouro á Mellor actriz - Drama por Volver
- 2006: Nomeada ó premio á Mellor actriz por Volver
- 2006: Nomeada ó premio á Mellor actriz - Drama por Volver
- 2009: Gañadora do Goya á Mellor actriz secundaria por Vicky Cristina Barcelona
- 2006: Gañadora do Goya á Mellor actriz por Volver
- 2004: Nomeada ó Goya á Mellor actriz por No te muevas
- 1998: Gañadora do Goya á Mellor actriz por La niña de tus ojos
- 1992: Nomeada ó Goya á Mellor actriz por Jamón, jamón
- 2006: Gañadora do premio á Mellor actriz de cinema por Volver
- 1998: Gañadora do premio á Mellor interpretación de cinema por La niña de tus ojos
- 1997: Nomeada ó premio á Mellor interpretación secundaria de cinema por Carne trémula
- 1992: Gañadora do premio á Mellor interpretación secundaria de cinema por Belle Époque
- 1992: Nomeada ó premio á Mellor interpretación revelación por Jamón, jamón
- 2009: Gañadora ó premio á Mellor actriz secundaria por Vicky Cristina Barcelona
- 2006: Nomeada ó premio á Mellor actriz por Volver
- 2004: Gañadora do premio á Mellor actriz por No te muevas
- 2006: Gañadora do premio á mellor interpretación feminina (en conxunto co resto de actrices) por Volver
- 2006: Gañadora do premio á mellor interpretación feminina por Volver
- 2006: Gañadora do premio á Mellor actriz por Volver
- 2006: Gañadora do premio á Mellor actriz europea por Volver
- 2004: Nomeada ó premio á Mellor actriz europea por No te muevas
- 2004: Gañadora do premio da audiencia á Mellor actriz europea por No te muevas
- 2003: Nomeada ó premio da audiencia á Mellor actriz europea por Fanfan la tulipe
- 2001: Nomeada ó premio da audiencia á Mellor actriz europea por La nmandolina del capitán Corelli
- 1998: Nomeada ó premio á Mellor actriz europea por La niña de tus ojos
- 2006: Gañadora do premio á Mellor actriz de cinema por Volver
- 1998: Gañadora do premio á Mellor actriz de cinema por La niña de tus ojos
- 1994: Nomeada ó premio á Mellor actriz de cinema por Alegre ma non troppo e Todo es mentira
- 1992: Nomeada ó premio á Mellor actriz de cinema por Jamón, jamón e Belle Époque
- 2001: Gañadora do premio á Mellor actriz revelación por Blow
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Penélope Cruz |