Otto Paul Hermann Diels
Nome orixinal | (de) Otto Diels |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de xaneiro de 1876 Hamburgo (Alemaña) |
Morte | 7 de marzo de 1954 (78 anos) Kiel, Alemaña |
Lugar de sepultura | Ulsnis Cemetery (en) |
Educación | Universidade Humboldt de Berlín |
Director de tese | Hermann Emil Fischer |
Actividade | |
Campo de traballo | Química |
Ocupación | químico, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Kiel (pt) Universidade Humboldt de Berlín |
Membro de | |
Profesores | Hermann Emil Fischer |
Obra | |
Doutorando | Karl Wilhelm Rosenmund (pt) e Kurt Alder |
Familia | |
Pai | Hermann Diels |
Irmáns | Ludwig Diels Paul Diels |
Premios | |
Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia Obálky knih, |
Otto Paul Hermann Diels, nado o 23 de xaneiro de 1876 en Hamburgo, finado o 7 de marzo de 1954 en Kiel, Schleswig-Holstein (Alemaña), foi un químico alemán gañador do Premio Nobel de Química en 1950 compartido con Kurt Alder.
Biografía
[editar | editar a fonte]Foi fillo dun profesor de filoloxía da universidade de Berlín. Otto Diels estudou química nesa mesma universidade entre 1895 e 1899, conseguindo o doutoramento este último ano. Tras pasar por diferentes posicións ascendeu a profesor e xefe do departamento de química en 1915. Ao ano seguinte, tomou o posto de profesor de Química na Universidade de Kiel, cargo que non deixou até a súa xubilación en 1945.
Dous dos seus fillos morreron na segunda guerra mundial.
Diels faleceu o 7 de marzo de 1954 na súa residencia de Kiel, cidade situada no estado alemán de Schleswig-Holstein.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]En 1906 descubriu un novo óxido de carbono extremadamente reactivo, o anhídrido malónico.
Tamén cabe destacar a síntese do esteroide, as de reaccións de deshidroxenación con selenio, as de α-Dicetona, así como de uretano. O seu traballo máis famoso fíxoo en colaboración co seu alumno Kurt Alder, sobre a reacción que leva os seus respectivos nomes: a reacción de Diels-Alder. Recibiron o Premio Nobel de química en 1950 polo seu descubrimento e desenvolvemento da síntese do dieno.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1950 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel (en inglés)
Predecesor: William Francis Giauque |
Premio Nobel de Química 1950 compartido con Kurt Alder |
Sucesor: Edwin Mattison McMillan e Glenn Theodore Seaborg |