Saltar ao contido

Deutsche Akademie der Naturforscher Leopoldina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Deutsche Akademie der Naturforscher Leopoldina
Tipoacademia de ciencias, sociedade científica e academia nacional
Campo de traballociencia
Data de fundación1 de xaneiro de 1652
Fundador(es)Johann Lorenz Bausch, Johann Michael Fehr, Georg Balthasar Metzger e Georg Balthasar Wohlfahrt
Nomeado en referencia aEmperador Leopoldo I
Presidente/aGerald Haug (pt) Traducir (2020-) Editar o valor en Wikidata
SedeHalle (Saale)
PaísAlemaña
51°29′15″N 11°57′48″L / 51.487453, 11.963394
Na rede
https://www.leopoldina.org/
Facebook: NationaleAkademiederWissenschaftenLeopoldina Twitter: Leopoldina Youtube: UCTRtGeJT-mFjZ81-3JAfUKg Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Edificio da sede actual da Leopoldina en Halle.

A Deutsche Akademie der Naturforscher Leopoldina (Academia alemá das ciencias naturais Leopoldina, tamén coñecida simplemente como Leopoldina) é unha sociedade científica alemá, a máis antiga do mundo. Fundouse en 1652 en Schweinfurt (Baviera). Hoxe está situada na cidade de Halle, no estado alemán de Saxonia-Anhalt.[1]

Biblioteca

[editar | editar a fonte]
Miscellanea Curiosa (1692).

A biblioteca da Leopoldina foi fundada en 1731, en Nürnberg. Hoxe e inclúe máis de 260 000 volumes, monografías e revistas da ciencia e a medicina, xa que está centrada sobre todo nas publicacións da historia da ciencia, en particular das ciencias naturais e da medicina, así como escritos de numerosas sociedades científicas.

A colección debeuse principalmente a intercambios de publicacións da Academia con socios de todo o mundo, e a través de doazóns dos membros da Academia.[2]

A Leopoldina é unha asociación supranacional de científicos e académicos. Máis dunha cuarta parte dos seus membros son de países distintos de Alemaña.

Os novos membros da Leopoldina son elixidos polo Presidium sobre a base dos nomeados polos membros existentes e despois dun proceso de selección en varias etapas. Actualmente conta con máis de 1 500 membros de 30 países.

Desde a súa fundación en 1652 pertenceron á Academia uns 7 500 académicos. Entre eles máis de 170 Premios Nobel.

  1. Werner E. Gerabek: Enzyklopädie Medizingeschichte, p. 23; online Google Books.
  2. Jörg Hacker (ed.) Ein Rundgang durch die Deutsche Akademie der Naturforscher Leopoldina. Nationale Akademie der Wissenschaften.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]