Saltar ao contido

Kary Mullis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKary Mullis

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Kary Bank Mullis Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de decembro de 1944 Editar o valor en Wikidata
Lenoir, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte7 de agosto de 2019 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Newport Beach, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Berkeley - Doutor en filosofía (–1973)
Instituto de Tecnoloxía de Xeorxia - graduado en ciencias (–1966)
Dreher High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseJoe Neilands (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioloxía molecular, Bioquímica e química Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbioquímico, biólogo molecular, químico Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiCecil Banks Mullis Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteMedvik >>>:Mullis, Kary B., 1944-, Editar o valor en Wikidata
Sitio webkarymullis.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2500077 TED: kary_mullis WikiTree: Mullis-646 Find a Grave: 201986282 Editar o valor en Wikidata

Kary Banks Mullis, nado o 28 de decembro de 1944 en Carolina do Norte é un bioquímico estadounidense, coñecido pola invención da técnica PCR para amplificar secuencias de ADN. A técnica introduciu unha revolución na investigación biolóxica e médica, o que lle levou a recibir o premio Nobel de Química de 1993.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Criouse en Columbia (Carolina do Sur) e licenciouse en química no Instituto de Tecnoloxía de Xeorxia. En 1966 trasladouse a (California), para estudar bioquímica, conseguindo un doutoramento na especialidade baixo a dirección de J. B. Neilands na Universidade de California, Berkeley.

En 1972 trasladouse a Kansas seguindo á súa esposa, e conseguiu emprego como investigador en cardioloxía pediátrica, adquirindo formación en bioloxía. Roto o seu matrimonio, volveu a California, traballando un tempo na Universidade de San Francisco, como investigador en química farmacéutica, no campo das endorfinas. En 1979 foi contratado pola compañía californiana Cetus Corporation, onde traballaba con oligonucleótidos (secuencias curtas de ADN ou ARN).

En 1985, mentres seguía traballando en Cetus, desenvolveu a técnica da reacción en cadea da polimerase, (PCR nas súas siglas en inglés), unha das técnicas centrais en bioloxía molecular, que permite a amplificación dunha secuencia específica de ADN usando nucleótidos trifosfatados e unha polimerase de ADN. A idea de multiplicar unha hebra de ADN millóns de veces veulle en 1983 pero non convenceu aos seus colegas da compañía, polo que tivo que demostrar en por si a aplicabilidade da técnica. A versión da técnica desenvolvida inicialmente por Mullis, aínda que efectiva, era pouco eficiente, ata que se lle ocorreu empregar polimerases do ADN termoestables, extraídas de microorganismos termofílicos, inicialmente a polimerase chamada Taq, procedente de Thermus aquaticus.[1]

Por esta invención, de gran valor en biotecnoloxía e como ferramenta de investigación científica e forense, en 1993 recibiu o Premio Xapón e o Premio Nobel de Química, compartido co canadense Michael Smith. Cetus, a compañía de Mullis, deulle unha recompensa de 10.000 dólares pola invención da PCR e logo vendeu a patente por 300 000 000 de dólares a Roche Molecular Systems, unha sección da importante compañía farmacéutica Hoffmann-A Roche.

A PCR foi o fundamento de varias revolucións en campos prácticos, como a identificación da orixe de mostras de sangue ou saliva (aos que recorre masivamente a ciencia forense), e a secuenciación de xenes humanos ou doutros organismos. A secuenciación xenética era ata entón un proceso moi complicado, aplicable só cando se podían obter de xeito natural moitas copias do mesmo ADN. A PCR converteu nunha rutina a investigación da secuencia xenética, permitindo a lectura completa do xenoma humano, así como de moitos organismos que se toman como modelos na investigación de distintos problemas biolóxicos. A técnica permitiu tamén investigar a filoxenia (historia evolutiva) comparando as secuencias xenéticas de distintas estirpes, que á súa vez é o fundamento dun mundo de hipóteses científicas do máximo interese.

Nunha orde de cousas máis anecdótica, sen a PCR non tería sentido o argumento da novela Parque Xurásico de Michael Crichton, levada ao cine en 1993 baixo a dirección de Steven Spielberg, onde se reconstrúe o xenoma de animais extintos a partir de restos mínimos do seu sangue conservado en ámbar.

  1. "The History of PCR". Smithsonian Institution Arquives (en (en inglés)). Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2011. Consultado o 6 de marzo de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Rudolph A. Marcus
Premio Nobel de Química

1992
con
Michael Smith
Sucesor:
George Andrew Olah