Mosè in Egitto
Mosè in Egitto Moisés en Exipto | |
---|---|
Forma | Azione sacro-tragica |
Actos e escenas | 3 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Andrea Leone Tottola |
Fontes literarias | Francesco Ringhieri: L’Osiride (1747) |
Estrea | 5 de marzo de 1818 |
Teatro da estrea | Teatro San Carlo |
Lugar da estrea | Nápoles |
Música | |
Compositor | Gioachino Rossini |
Localización da partitura | Perdida |
Personaxes | |
Mosè in Egitto (en galego, Moisés en Exipto) é unha ópera en tres actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Andrea Leone Tottola, baseado nunha obra de Francesco Ringhieri, L'Osiride, de 1760.[1] Foi estreada o 5 de marzo de 1818 no recentemente reconstruído Teatro San Carlo de Nápoles.
Mosè in Egitto é considerada unha azione tragico-sacra, o drama sagrado con algúns trazos do oratorio permitiu eludir proscripcións de interpretacións dramáticas seculares durante a Coresma. Rossini revisou a ópera para Nápoles en 1819, cando introduciu a aria de oración de Moisés "Dal tuo stellato soglio", que se converteu nunha das pezas de ópera máis populares da época, inspirou unha serie de variacións para violín e piano a Niccolò Paganini, e sobrevive en forma de concerto. Rossini ampliou a obra en 1827, desta vez cun libreto en francés: Moïse et Pharaon, ou Le passage de la Mer Rouge (en galego Moisés e o Faraón, ou O cruce do Mar Vermello), en catro actos e cun ballet, que foi estreada en París o 26 de marzo dese mesmo ano.
Esta ópera rara vez é representada na actualidade, nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. aparece con só 5 representacións no período 2005-2010.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 5 de marzo de 1818 (Director: -) |
---|---|---|
Faraón (rei de Exipto) | baixo | Raniero Remorini |
Amaltea (súa dona) | soprano | Frederike Funck |
Osiride (seu fillo, herdeiro ao trono) | tenor | Andrea Nozzari |
Elcia (hebrea, a súa consorte segreda) | soprano | Isabella Colbran |
Mambre (un sacerdote) | tenor | Gaetano Chizzola |
Mosè | baixo | Michele Benedetti |
Aronne | tenor | Giuseppe Ciccimarra |
Amenofi (súa filla, irmá de Moisés) | mezzosoprano | Maria Manzi |
Argumento
[editar | editar a fonte]Acto I
[editar | editar a fonte]Exipto se envolve na súa penúltima praga: as tebras. O Faraón decide chamar a Moisés para poñer fin ao castigo. Deus fai que a luz volva a Exipto a través da vara de Moisés. Mentres tanto, Osiride expresa o seu pesar pola partida dos xudeus, entre eles a súa amada Elcia. Polo ordena a Mamre que revela ao povo exipcio contra o Faraón.
De feito, a xente reúnese no pazo para esixir que se revogue a licenza aos hebreos. Osiride dixo que a súa saída se cancelaba e calquera intento de escape sería afogado en sangue. Daquela Moisés, enfadado envía a choiva, a saraiba e os raios (a sétima praga foi posta aquí só para dar un efecto teatral ao final do acto).
Acto II
[editar | editar a fonte]O Faraón anuncia a súa decisión de deixar ceives aos xudeus, e dille a seu fillo que a princesa de Armenia está disposta a casar con el. Osiride prefire fuxir con Elcia. Aaron, porén, os ve e de inmediato advirte a Moisés e á nai de Osiride, Amaltea, que se preocupa polos xudeus. Os dous mozos dubidan, mais cren que a decisión é a correcta.
Nese momento chega o Faraón, dicindo que, a causa do ataque dos madianitas e os filisteos, a saída se atrasa. Moisés, enfadado, ameaza coa morte de tódolos primoxénitos de Exipto, e é arrestado. Daquela Elcia revela o seu amor con Osiride, e pide ao Príncipe liberar o seu pobo, e converterse en rei. Osiride négase a matar a Moisés, mais é alcanzado por un raio e morre.
Acto III
[editar | editar a fonte]Os xudeus están orando á beira do Mar Vermello. Chega a noticia de que o exército do Faraón se acerca. Moisés tranquiliza a todos, e se abre unha fenda na auga. O Faraón vén, e ao seu paso, o mar volve pecharse de repente, acabando co exército.
Orquestración
[editar | editar a fonte]A partitura de Rossini prevé a utilización de:
- 2 frautas (con piccolo), 2 óboes, 2 clarinetes, 2 fagots
- 4 trompas, 2 trompetas, 3 trombóns
- timbais, bombo, pratos, ferriños, serpentón, banda turca
- Arpa
- Archi
Da suonare sul palco:
Estrutura
[editar | editar a fonte]Acto I
[editar | editar a fonte]- 1 Introduzione Ah, chi ne aita? (Osiride, Faraone, Amaltea)
- 2 Scena e quintetto 'Eterno! Immenso! Incomprensibil Dio! (Mosè, Faraone, Amaltea, Osiride, Aronne)
- 3 Duetto Ah, se puoi così lasciarmi (Osiride, Elcìa)
- 4 Aria A rispettarmi apprenda (Faraone)
- 5 Inno con cori All'etra, al ciel (Aronne, Amenofi)
- 6 Duetto Tutto mi ride intorno! (Elcìa, Amenofi)
- 7 Finale Che narri? (Mosè, Osiride, Mambre, Aronne, Amaltea, Elcìa, Amenofi, Faraone, Coro)
Acto II
[editar | editar a fonte]- 8 Duetto Parlar, spiegar non posso (Osiride, Faraone)
- 9 Aria con coro La pace mia smarrita (Amaltea, Coro)
- 10 Duetto Dove mi guidi? (Elcìa, Osiride)
- 11 Quartetto Mi manca la voce (Amaltea, Osiride, Aronne, Elcìa)
- 12 Aria Tu di ceppi (Mosè)
- 13 Coro Se a mitigar tue cure
- 14 Finale Porgi la destra amata (Elcìa, Osiride, Mosè, Aronne, Farone, Amenofi)
Acto III
[editar | editar a fonte]- 15 Preghiera Dal tuo stellato soglio (Mosè, Amenofi, Aronne, Elcìa)
- 16 Coro finale
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ringhieri
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |