Mehetia
Tipo | montaña illa volcán | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Illas do Vento | |||
Localización | ||||
División administrativa | Polinesia Francesa, Francia | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Características | ||||
Altitude | 435 m | |||
Prominencia topográfica | 435 m | |||
Dimensións | 1,7 () × 1,7 () km | |||
Superficie | 2,3 km² | |||
Historia | ||||
Data de descuberta ou invención | 1606 | |||
Mehetia (ou tamén Meetia; Meheti´a en tahitiano normalizado) é unha illa do grupo do Vento das illas da Sociedade, na Polinesia Francesa. Está situada a 110 km ao leste de Tahití.
A illa é un volcán moi novo que se atopa nunha zona aínda moi activa con movementos sísmicos. A altitude máxima atópase no cráter do monte Fareura a 435 m. A superficie total é de 2´3 km². Desde o principio do século XX está deshabitada e hoxe en día é de propiedade privada.
Historia
[editar | editar a fonte]Historicamente a illa estaba habitada e controlada polo xefe de Taiarapu, a península ao sueste de Tahití. Utilizábase como punto intermedio de comercio entre Tahití e as illas Tuamotu, que proporcionavan perlas e nácara. Ao atoparse inmediatamente ao leste de Tahití, foi un punto de paso dos navegantes europeos desde América ata Tahití. O primeiro europeo en visitala foi o inglés Samuel Wallis en 1767. Chamouna Osnaburg Island en honra a segundo fillo do rei Xurxo III, Frederick Augustus abispo de Osnabruck en Hanover, Alemaña. O ano seguinte chegou o francés Louis Antoine de Bougainville que chamou á illa Le Boudoir. Non está claro o propósito deste nome xa que naquela época era a cámara íntima do ama de casa. Ao pico volcánico chamouno Boudeuse, nome do seu barco. Tamén foi avistado polo navegante español Domingo de Barnechea o 6 de novembro de 1772 no buque Aguila. Chamou a esta illa San Cristóbal.
Nesta época, o século XVIII, a illa contaba cuns 1.500 habitantes, que foron deportados polos piratas de Anaa en 1806. No século XIX utilizouse como colonia penal e despois quedou deshabitada. En 1986 sufriu un forte terremoto.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mehetia in Smithsonian Institution Global Volcanism Program database Arquivado 23 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine.
- Mehetia