Saltar ao contido

Atol Anaa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Anaa»)
Modelo:Xeografía físicaAtol Anaa
Imaxe
TipoAtol Editar o valor en Wikidata
Parte deTuamotu Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaTuamotu Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaComuna de Anaa, Francia Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 17°23′S 145°30′O / -17.38, -145.5
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude11 m Editar o valor en Wikidata
Superficie90 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de descuberta ou invención1768 Editar o valor en Wikidata

Anaa é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Está situado no noroeste do arquipélago, a 350 km ao leste de Tahití.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

É un atol ovalado de 29´5 km de longo e 6´5 km de ancho, cunha superficie total de 38 km². O arrecife coralino está formado por once illotes cun chan máis profundo e máis fértil que os outros atois das Tuamotu. A lagoa é pouco profunda, sen ningún paso navegable ao océano, e formada por 3 concas principais. Aínda que non dispón de ningún paso navegable, a auga da lagoa renóvase por diversas canles pouco profundos que se poden cruzar camiñando. A vila principal é Tukuhora, tamén chamado Anaa, cunha poboación total de 435 habitantes no censo de 2002. As outras vilas pequenas como Temarie, Otepipi, Mania e Tematahoa están deshabitadas segundo o censo. A poboación vive principalmente da pesca, o cultivo de nácara e a produción de copra.

O atol de Anaa era coñecido pola lendaria ferocidade dos seus guerreiros que, no século XVII, dominaron e saquearon o noroeste das Tuamotu. O primeiro europeo que o descubriu foi o inglés James Cook, en 1769. Debido á súa forma chamouno Chain Island, a illa da cadea. Despois, foi visitado por Domingo Bonaechea, o 1 de novembro de 1772, chamándoo Illa de Todos os Santos. A principios do século XIX pasou á soberanía dos Pomaré de Tahití. Ao redor de 1850 era un centro activo do comercio de nácar e copra, cunha poboación máxima de 2.000 habitantes. A loita pola evanxelización entre os mormóns norteamericanos e os católicos franceses provocou unha revolta en 1852, e a intervención das tropas coloniais francesas. Nos anos 1878 e 1906 sufriu as consecuencias de dous ciclóns que alagaron toda a illa. Despois do ciclón de 1983, trasladouse e reconstruíuse a única vila, incorporando un refuxio anticiclóns con capacidade para toda a poboación.