Mashhad
مشهد (fa) | ||||
Alcume | پایتخت معنوی ایران e The spiritual capital of Iran | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Irán | |||
Provincias | Coração Razavi (pt) | |||
County of Razavi Khorasan Province (en) | Mashhad County (en) | |||
District of Iran (en) | Central District (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 3.001.184 (2016) (9.149,95 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua persa | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 328 km² | |||
Altitude | 982 m | |||
Creación | 818 | |||
Organización política | ||||
• Xefe do goberno | Mohammad Reza Kalaei (en) (2018–) | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | ۰۵۱۳ | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | mashhad.ir |
Mashhad (ou Meshed) é unha importante cidade do nordeste de Irán, segunda do país por poboación tras Tehrán e capital da provincia de Khorasán. Destacado centro relixioso e de peregrinación para os xiítas (tumba de Alí al-Rida, uns vinte millóns de visitantes cada ano), é ademais un núcleo comercial, industrial e de transportes para a rexión agrícola que a circunda. Conta con 2 907 316 habitantes (2006). No comezo do século IX era a pequena aldea de Sanabad cando, de paso polo lugar, o califa Harum al-Rashid foi alí enterrado tras enfermar e morrer. Pouco despois, en 818, foi tamén enterrado ao seu carón o Imán Reza (Alí al-Rida), morto coma mártir na próxima Tus. Por iso Sanabad renomeouse Mashhad al-Rida ("lugar do martirio de al-Rida").
Acadou relevancia despois das destrucións mongois (século XIII), cando moitos refuxiados das cidades arrasadas da rexión (a mesma Tus antedita) asentáronse na vila, sendo xa unha das principais cidades da época timúrida e safávida, mesmo capital persa durante o breve período (1736-50) da dinastía afshárida.