Macrino
Nome orixinal | (la) Marcus Opellius Macrinus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 164 Cherchell (Mauritania Cesariense) |
Morte | 218 (53/54 anos) Capadocia, Turquía |
Causa da morte | homicidio pena de morte |
Emperador romano | |
11 de abril de 217 – 8 de xuño de 218 ← Caracalla – Heliogábalo → | |
Senador romano | |
Prefecto do pretorio | |
Datos persoais | |
Relixión | Relixión na Roma antiga |
Actividade | |
Ocupación | político, avogado |
Período de tempo | Alto Imperio Romano, Exipto grecorromano, Era do Exipto romano, principado e Dinastia Severa (pt) |
Familia | |
Familia | Dinastia Severa (pt) |
Cónxuxe | Nônia Celsa |
Fillos | Diadumeniano |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Marcus Opelius Macrinus, nado en Cesarea (Mauritania) no 164 e finado en Partia no 218, foi un emperador romano que gobernou co nome de Caesar Marcus Opelius Severus Macrinus Augustus, adoptando o cognomen dos Severos aínda que non era tal.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi o primeiro emperador que chegou a dirixir o imperio sen ser senador. Durante o seu mandato tampouco pisou Roma. A súa vida en Roma estivo ligada aos xuristas e chegou a ser o asesor legal de Plautiano, precepto dos pretorianos. Á morte deste por Caracalla, foi el o elixido para dirixir os pretorianos.
Como tal, participou nas campañas de Caracalla e no ano 217 acompañou a este ao Oriente, onde foi asasinado o emperador. Nomeado polas lexións como novo emperador, nomeou augustus ao seu fillo Diadumediano. Era consciente do poder que a rexente en ausencia de Caracalla levaba os asuntos do Imperio, a súa nai Xulia Domna, e dirixiulle unha carta onde se comprometía a manter os seus privilexios.
O perigo para os Severos era que Macrino conseguira asentar o seu imperio, e como tal, Xulia Domna comeza a intrigar para que nomeasen emperador ao seu sobriño Heliogábalo, de só 14 anos, cousa que consegue no 218, co visto e prace do Senado e o apoio dunha boa parte das lexións.
Mentres tanto en Oriente, a loita contra os partos non ían ben. Despois da batalla de Nisibis, onde non houbo vencedor nin vencido, Macrino firma unha paz vergoñenta para as armas romanas, e ademais se comprometía a pagar unha forte cantidade a Partia. Esa cantidade foi descontada da soldada do exército, co conseguinte malestar dos militares. Pouco a pouco o malestar vaise estendendo, e Macrino pronto se atopa só co apoio da lexión Gallia. Nestas condicións en xuño do 218 prodúcese o encontro entre as tropas de Macrino e Heliogábalo, onde se consumou o abandono de Macrino, xa que os pretorianos o deixan en plena batalla. Logra fuxir, pero é recoñecido ao tratar de coller unha embarcación para cruzar o Bósforo e morto en xullo do 218. O seu fillo Diadumediano tentou de se achegar deica Partia, pero foi detido en Siria, onde morreu pouco despois.
Co recoñecemento total de Heliogábalo como emperador voltan de novo os Severos ao poder.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Macrino |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Caracalla |
Macrino | Precede a: Heliogábalo |
Severos |