Lemmy Kilmister
(2005) | |
Nome orixinal | (en) Ian Frazer Kilmister |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 24 de decembro de 1945 Burslem, Reino Unido (pt) |
Morte | 28 de decembro de 2015 (70 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro de próstata insuficiencia cardíaca |
Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
Outros nomes | Lemmy |
Educación | Staffordshire University (pt) Ysgol Syr Thomas Jones (en) Madeley High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Música |
Ocupación | músico de rock, produtor musical, compositor, cantante, baixista, guitarrista |
Período de actividade | 1965 - 2015 |
Membro de | Motörhead The Damned The Head Cat (en) The Rockin' Vickers (en) Hawkwind Opal Butterfly (en) Sam Gopal (en) |
Xénero artístico | Música rock, heavy metal, rock and roll, Speed Metal, hard rock, heavy metal tradicional (pt) e Space rock |
Tesitura | Barítono |
Instrumento | Baixo, voz e baixo |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Ian Fraser "Lemmy" Kilmister, nado en Burslem o 24 de decembro de 1945 e finado nos Ánxeles o 28 de decembro de 2015, foi un músico, cantante e actor inglés que fundou e liderou o grupo de música Motörhead. A súa música e estilo de vida foron distintivos do xénero heavy metal.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Lemmy naceu en Stoke-on-Trent e medrou en North Wales. Comezou a influenciarse polo rock and roll e polos Beatles, o cal o motivou a tocar para diferentes grupos de rock na década de 1960, sendo o máis significativo the Rockin' Vickers. Tocou con Jimi Hendrix e The Nice antes de unirse á banda de space rock Hawkwind en 1972, sendo o cantante principal do éxito "Silver Machine". Despois de saír de Hawkwind, fundou Motörhead sendo o seu líder, baixista e cantante principal, conseguindo o maior éxito entre 1980 e 1981 e destacando "Ace of Spades". Continuou a gravar e facer xiras con Motörhead até a súa morte en decembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lemmy Kilmister |