Saltar ao contido

Lager pálida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cervexa 'pale' xaponesa cun aperitivo típico do Xapón: 枝豆.

As cervexas do tipo lager pálida ou pale lager son do tipo lager e abarcan unha ampla gama que pode ir dende as pale (en inglés: pálida) até as máis douradas. Todas elas teñen un atenuado sabor a lúpulo. A maioría das cervexas elaboradas na actualidade son deste tipo, e a miúdo empregan diferentes cereais como o arroz ou o millo como adxuntos (grit) para proporcionar corpo á cervexa.

Variantes

[editar | editar a fonte]

Existen diferentes tipos de pale lager (lager pálidas) e inclúen:

  • Pilsener — Trátase da lager máis orixinal, elaborada orixinalmente na cidade checa de Plzeň; a maioría das pale lagers coa denominación Pilsner teñen un aroma e sabor amargo por mor do lúpulo.
  • Dortmunder Export — Unha versión máis suave elaborada orixinariamente na cidade alemá de Dortmund no ano 1873.
  • Helles — Unha versión máis suave da pale lager elaborada en Múnic, orixinariamente era a única competidora contra a Pilsner. Unha versión máis forte da cervexa coñecida como Wiesen ("estilo sabio") substitúe a miúdo ás cervexas de tipo Märzen no Oktoberfest.
  • Lager de estilo americano — A primeira Lager elaborada en América na parte antiga da cidade de Filadelfia polo cervexeiro John Wagner en 1840 empregando lévedo da súa nativa Baviera.
  • Cervexa seca - É o estilo máis popular en Xapón, deseñada para minimizar o retro-gusto. É unha cervexa moi pálida e cun extremado sabor a lúpulo.
  • Spezial - É o estilo máis forte de pale lager, elaborado e servido a miúdo no sur de Alemaña, e presente tamén en Austria e Suíza. Ocupa posición entre a Helles e o Bock en termos de sabor e fortaleza.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Noonan, Gregory J., Mikel Redman and Scott Russell. Seven Barrel Brewery Brewers' Handbook. Ypsilanti, Michigan: G.W. Kent, Inc., 1996. ISBN 1-887167-00-5.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]