Sam Cassell
(2013) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 18 de novembro de 1969 (55 anos) Baltimore, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade Estatal de Florida Paul Laurence Dunbar High School (en) Maine Central Institute (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 190 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 84 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, adestrador de baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1993 - 2009 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | National Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Houston Rockets | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Samuel James Cassell, nado o 18 de novembro de 1969 en Baltimore, Maryland, é un ex xogador de baloncesto estadounidense que xogou durante 15 tempadas na NBA. Con 1,91 metros xogaba na posición de base. Actualmente é adestrador asistente dos Washington Wizards.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Xogou durante dous anos na Universidade Estatal de Florida, nos que acadou 18,3 puntos, 4,4 rebotes e 4,4 asistencias por partido.
Profesional
[editar | editar a fonte]Foi elixido no post 24 da primeira rolda do Draft da NBA de 1993 polos Houston Rockets, onde xogou tres tempadas, axudando ao seu equipo na consecución de dous aneis de campión, en 1994 e 1995. Tras ser traspasado, na tempada 1996-97 xogou en tres equipos diferentes: Phoenix Suns, Dallas Mavericks e, finalmente, New Jersey Nets, onde quedou dúas tempadas máis. Ao longo de toda a súa traxectoria estivo envolto en múltiples traspasos, algo sorprendente tendo en conta o seu rendemento, xa que, salvo as súas dúas primeiras tempadas, sempre obtivo cifras en torno aos 16 puntos e 8 asistencias por partido, sendo peza chave en cada un dos equipos polos que pasou. En 1999 foi traspasado aos Milwaukee Bucks, onde permaneceu ata 2003, onde de novo fixo as maletas para ir xogar aos Minnesota Timberwolves, equipo que no 2005 o traspasa de novo aos Clippers, onde rende a un alto nivel na súa primeira tempada, levando ao seu equipo ás semifinais da Conferencia Oeste da NBA.
Na tempada 2006-07, a pesar dos seus 37 anos, seguiu rendendo a un bo nivel conseguindo 12,5 puntos e 4,8 asistencias en case 25 minutos de xogo por partido. Tras ser cortado polos Clippers en marzo de 2008, Cassell fichou polos Boston Celtics, onde se converteu no base suplente de Rajon Rondo e o perfecto complemento que axudou aos Boston Celtics a conseguiren o anel de campión no ano 2008. Sam Cassell, con 15 tempadas na competición, confirmou a súa retirada e o seu paso ao corpo técnico dos Washington Wizards, onde se reencontrou con Flip Saunders, o seu adestrador nos Timberwolves en 2004, cando Cassell fixo a súa única aparición nun encontro 'All Star'.
Cassell xogou un total de 993 partidos de liga regular con oito equipos diferentes, nos que se anotou 15.7 puntos e 6 asistencias por encontro. O base gañou dous aneis con Houston Rockets (1994 e 1995) e un en 2008 cos Boston Celtics.
Logros persoais
[editar | editar a fonte]- 3 veces campión da NBA (1994, 1995 e 2008).
- 1 vez All Star (2004).
- Elixido no 2º mellor quinteto de 2004.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas de Sam Cassell Arquivado 09 de abril de 2014 en Wayback Machine. (en inglés)
- Sam Cassell Fansite (en inglés)
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores dos Houston Rockets
- Xogadores dos Phoenix Suns
- Xogadores dos Dallas Mavericks
- Xogadores dos New Jersey Nets
- Xogadores dos Milwaukee Bucks
- Xogadores dos Minnesota Timberwolves
- Xogadores dos Los Angeles Clippers
- Xogadores dos Boston Celtics
- Eleccións no Draft da NBA dos Houston Rockets
- Bases de baloncesto
- Nados en Baltimore