Josephine Baker
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2022.) |
Freda Josephine McDonald, máis coñecida polo pseudónimo de Josephine Baker, nada en Saint Louis o 3 de xuño de 1906 e finada en París o 12 de abril de 1975, foi unha bailarina e cantante afroamericana, coñecida como a Venus negra, cidadá francesa dende 1937.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gañou o seu primeiro concurso de baile aos 14 anos, e comezou a actuar en vodeviles en Nova York. O 2 de outubro de 1925 actuou en París e obtivo un éxito inmediato co seu espectáculo de baile erótico no que aparecía case espida, despois dunha xira exitosa por Europa instalouse en París onde se converteu nunha estrela, nos seus espectáculos facíase acompañar do leopardo Chiquita, adornado cun colar de diamantes. O escritor Ernest Hemingway dixo dela que era a muller máis sensacional que ninguén vira nunca.[Cómpre referencia]
Convertida nunha musa para pintores e escultores, Baker protagonizou os filmes Zouzou (1934) e Princesse Tamtam (1935). Durante a segunda guerra mundial participou na Resistencia francesa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Josephine Baker ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Actores de Missouri
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Actores de cine de Francia
- Personalidades da música dos Estados Unidos de América
- Personalidades da música de Francia
- Nados en St. Louis, Missouri
- Nados en 1906
- Finados en 1975
- Cabaleiros da Lexión de Honra
- Estadounidenses de ascendencia africana