Saltar ao contido

Jonathan Melvoin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJonathan Melvoin
Biografía
Nacemento6 de decembro de 1961 Editar o valor en Wikidata
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte12 de xullo de 1996 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, sobredose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLincoln (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónteclista, cantante, percusionista, músico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1996 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoRock alternativo Editar o valor en Wikidata
InstrumentoTeclado Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiMike Melvoin Editar o valor en Wikidata
IrmánsSusannah Melvoin
Wendy Melvoin Editar o valor en Wikidata

Musicbrainz: c180f3f2-2f1b-4a07-9692-7aaa3934fae1 Discogs: 272129 Allmusic: mn0001556439 Find a Grave: 6726052 Editar o valor en Wikidata

Jonathan David Melvoin, nado o 6 de decembro de 1961 nos Ánxeles e finado o 12 de xullo de 1996 na cidade de Nova York, foi un teclista estadounidense activo durante os anos 80 e 90.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era o irmán de Susannah e Wendy Melvoin da banda Prince and the Revolution. Primeiro aprendeu a tocar a batería, e actuou con varias bandas de punk rock nos 80 coma The Dickies, e tamén contribuíu co proxecto Wendy & Lisa, así como con Prince and the Revolution no seu álbum Around the World in a Day. No intre da súa morte era teclista de xira de The Smashing Pumpkins, durante a súa presentación mundial do álbum Mellon Collie and the Infinite Sadness.

Morreu en Nova York debido a unha sobredose de heroína cando tiña 34 anos. O batería de The Smashing Pumpkins Jimmy Chamberlin, que estaba con el, tentou revivilo sen éxito. Hai moito misterio e especulacións sobre o que realmente pasou. Os operadores do 911 aconsellaron a Chamberlin poñer a cabeza de Melvoin na ducha nun intento de revivilo mentres non chegaban os médicos. Melvoin foi declarado morto no lugar. Chamberlin sería posteriormente despedido da banda. Segundo a mesma, ambos xa tiveran algún incidente coas drogas anteriormente. Melvoin xa fora despedido, pero estaba continuando a xira con The Smashing Pumpkins ata o final desa parte da mesma. O seu reposto ía ser Dennis Flemion de The Frogs. O seu derradeiro concerto foi no Capital Centre en Landover, Maryland.

Os membros de The Smashing Pumpkins non foron convidados ao seu enterramento. Jonathan deixou unha muller e un neno. Moitos temas inspiráronse na súa morte, coma "Angel" de Sarah McLachlan, "Jonathan" de Wendy & Lisa e o tema de Prince "The Love We Make" do seu álbum Emancipation.