Jimmy Chamberlin
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) James Joseph Chamberlin 10 de xuño de 1964 (60 anos) Joliet, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | Joliet West High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | compositor, músico de jazz, batería |
Período de actividade | 1980 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Rock alternativo |
Instrumento | Batería |
Selo discográfico | Caroline Records |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | jimmychamberlin.com |
James Joseph "Jimmy" Chamberlin, nado o 10 de xuño de 1964 en Joliet, Illinois, é un batería, compositor e produtor estadounidense. É sobre todo coñecido por ter sido o batería da banda de rock alternativo The Smashing Pumpkins. Formou parte de Zwan, despois da separación da primeira no ano 2000. No ano 2005 editou o seu primeiro disco en solitario titulado Life Begins Again co seu proxecto The Jimmy Chamberlin Complex. En 2009 abandonou The Smashing Pumpkins e na actualidade toca no grupo Skysaw.
Chamberlin, que orixinalmente formouse como un batería de jazz, cita ao músicos de jazz Benny Goodman, Duke Ellington, Gene Krupa e Buddy Rich, así como aos baterías de rock Keith Moon, Ian Paice e John Bonham como as súas principais influencias.
Biografía
[editar | editar a fonte]Chamberlin formouse como batería de jazz e tocou en numerosos conxuntos locais antes de unirse a The Smashing Pumpkins pouco despois da súa formación en 1988.
Chamberlin tivo problemas coas drogas o que fixo que fose expulsado da banda en 1996. Durante a xira do Mellon Collie and the Infinite Sadness, antes duns concertos no Madison Square Garden, en Nova York, Jimmy e Jonathan Melvoin, teclista da banda durante a xira, consumiron heroina no hotel, e este último morreu de sobredose. Este feito propiciou a súa saída da banda. Durante o resto da xira foi substituído por baterías de estudio.
A finais dese mesmo ano, mentres estaba en proceso de rehabilitación, uniuse á banda The Last Hard Men do ex-cantante de Skid Row Sebastian Bach. O grupo editou un único álbum co mesmo nome que a banda.
Tres anos máis tarde, en 1999, Chamberlain volveu a The Smashing Pumpkins. Porén, un ano despois, en decembro do 2000, a banda separouse. El tocou nos dous últimos álbums da banda, Machina e Machina II.
En 2001 uniuse á nova banda do seu amigo e compañeiro en The Smashing Pumpkins Billy Corgan, Zwan. O conxunto separaríase en 2003, despois de editar o seu único disco, Mary Star of the Sea.
Durante a existencia de Zwan, en 2002 Chamberlin casou coa súa moza Lori. O matrimonio tivo unha filla, Audrey, en decembro dese mesmo ano.
Posteriormente Chamberlin formou The Jimmy Chamberlin Complex, coa cal gravou o seu álbum de estrea en 2004. A banda incluía a Chamberlin (batería e voz), Billy Mohler (baixo; tamén en The Calling), Sean Woolstenhulme (guitarra; tamén en Lifehouse), e Rob Dickinson (voz; membro de Catherine Wheel). The Jimmy Chamberlin Complex editou Life Begins Again o 25 de febreiro de 2005. Chamberlin tivo tamén un proxecto paralelo co cantante de Dead Kennedys, Jello Biafra.
Recentemente The Smashing Pumpkins volveu a reunirse contando unicamente con Chamberlin e Billy Corgan da súa antiga formación. A finais do ano 2006 comezaron a gravación do seu novo disco, Zeitgeist, que será editado o 10 de xullo do 2007. A banda realizou o seu primeiro concerto dende decembro do 2000 o día 22 de maio do 2007 en París. A nova formación conta co guitarrista Jeff Schroeder e a baixista Ginger Reyes.
En marzo do ano 2009 Chamberlin abandonou The Smashing Pumpkins afirmando que a banda xa non cumpría as súas expectativas musicais. A finais dese ano anunciou o seu novo proxecto, unha banda chamada This, xunto co multi-instrumentista Mike Reina e o guitarrista Anthony Pirog.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]