The Marked
The Marked | |
---|---|
Orixe | St. Petersburg, Florida, |
Período | 1985 - 1988 |
Xénero(s) | rock gótico, New Wave |
Membros | Billy Corgan Greg Bates Dale Meiners Ron Roesing |
The Marked foi unha banda estadounidense de rock gótico/New Wave formada en Chicago en 1985. Destaca por ser a anterior banda do líder de The Smashing Pumpkins Billy Corgan.
Historia
[editar | editar a fonte]As orixes de The Marked remóntanse ao ano 1983, cando Billy Corgan coñeceu a Greg Bates no exterior do club Medusa. Corgan e Bates, ambos vocalista e guitarrista, comezaron a compoñer temas e pronto formaron unha banda, Coat of Eyes. Dous anos despois, a banda medrou incluíndo ao baixista Dale Meiners e ao batería Ron Roesing. Jim Marcus tamén contribuíu con algúns temas.
En 1985 Corgan graduouse no instituto e decidiu dedicarse á música a tempo completo. Temerosos dunha fría recepción na súa natal Chicago, a banda, menos Greg Bates, mudouse a San Petersburgo (Florida) e fixéronse chamar The Marked, debido a unhas marcas de nacemento que tiñan Corgan e Roesing. A banda informou que realizaría uns 20 concertos pola zona de St. Petersburgo antes de que Meiners abandonase o grupo de súpeto. Corgan e Roesing de mala gaña volveron a Chicago. O grupo continuou sendo substituído Meiners brevemente por Len Ayala.
En 1987 Corgan sacou o nome "Smashing Pumpkins" e pensou en comezar unha nova banda. Coñeceu a James Iha e, xunto con Roesing, comezaron a tocar como trío con Corgan no baixo. Esta formación de The Smashing Pumpkins produciu unha única demo, Nothing Ever Changes, antes de que Roesing marchase.