Saltar ao contido

Inciona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Inscrición votiva en Widdebierg, Luxemburgo.

Inciona é unha deusa celta adorada polos tréveros. O seu nome aparece como unha das dúas deidades en inscricións votivas de Luxemburgo.

Na pedra altar de Mensdorf, en Widdebierg, é invocada xunto co deus Veraudunus na honra da familia imperial en cumprimento do voto feito por Marcus Pl(autius?) Restitutus' nai Alpinia Lucana.[1]

A segunda inscrición, unha pequena placa votiva de Kaul, en Luxemburgo, lese:

[LE]NO MAR[TI]
VERAVDVN(O) ET
INCIONE MI
[L]ITIVS PRIS
CINVS EX VOT(O)

Se as letras NO MAR fosen interpretadas como Leno Marti, Inciona sería invocada xunto con Lenus Marte Veraudunus.[1]

  1. 1,0 1,1 Musée d'histoire et d'art, Luxembourg. 1974. Pierres sculptées et inscriptions de l'époque romaine, catalogued by Eugénie Wilhelm, p.71.