Matres e Matronas
As Matres (latín "nais"[1]) e Matronas (latín "matronas"[1]) eran deidades femininas veneradas no Noroeste de Europa dende o século I ó V. Son representadas en obxectos votivos e altares que amosan imaxes de deusas, en grupos de tres, que contan con inscricións (a metade delas con nomes celtas, e a outra metade con nomes xermanos). Foron veneradas nas rexións que foron ocupadas polo exército romano entre os século I e V, é dicir, Xermania, Galia oriental, e norte de Italia.[2]
A información sobre as prácticas relixiosas que rodean ás Matres limítase ás pedras nas cales foron atopadas as inscricións, das cales tense constancia dunhas 1.100.[2] As matres xermánicas teñen unha conexión cos mitos das dísir, valquirias e norns, das cales tense constancia en fontes literarias do século XIII.[1]
As matres tamén aparecen en relevos e inscricións votivas noutras áreas ocupadas polos romanos, como o sueste da Galia (Bibracte); en Galicia e Portugal, onde se coñecen unhas vinte inscricións, algunhas das cales teñen epítetos locais como Matribus Gallaicis "ás nais galegas";[3] e tamén na antiga cultura romano-celta de Pannonia, na inscrición Nutrices Augustae atopada en Ptuj, Baixa Estiria.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Lindow (2001:224).
- ↑ 2,0 2,1 Simek (2007:204-205).
- ↑ CIL II 2776.
- ↑ K. Wigand, "Die Nutrices Augustae von Poeticio" Jahreshrift Österreiches Archäologisches Institut 18 (1915), pp 118-218, illus., noted by Susan Scheinberg, "The Bee Maidens of the Homeric Hymn to Hermes" Harvard Studies in Classical Philology 83 (1979), p 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Matres e Matronas |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lindow, John (2002). Norse Mythology: A Guide to Gods, Heroes, Rituals, and Beliefs (en inglés). Oxford University Press. ISBN 978-0-19-983969-8.
- Simek, Rudolf (1996). Dictionary of Northern Mythology (en inglés). D.S. Brewer. ISBN 978-0-85991-513-7.
- Bibliografía adicional
- Garman, Alex Gustav (2008). The Cult of the Matronae in the Roman Rhineland: An Historical Evaluation of the Archaeological Evidence (en inglés). Lewiston, New York: Edwin Mellen Press. ISBN 978-0-7734-5224-4.
- Spickermann, Wolfgang. "NOUVELLES RÉFLEXIONS RELATIVES À LA GENÈSE ET AUXVECTEURS DU CULTE MATRONAL DANS LA RÉGION DU RHIN INFÉRIEUR." Cahiers Du Centre Gustave Glotz 13 (2002): 141-67. www.jstor.org/stable/24359212.