Hô Chi Minh
Hô Chi Minh[1] (vietnamita Hồ Chí Minh), de verdadeiro nome Nguyễn Sinh Cung, e coñecido como Bác Hồ (Tío Ho), nado en Kim Liên o 19 de maio de 1890 e finado en Hanoi o 2 de setembro de 1969, foi un político, escritor, poeta e revolucionario vietnamita, Presidente de Vietnam do Norte (1954 - 1969).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Recibiu o nome de Nguyễn Tất Thành aos 10 anos. Aos 15 anos emigrou a Europa, onde se adheriu ao comunismo durante a súa estadía en Francia (1915 - 1923). En 1919, Hô Chi Minh tentou solicitar na conferencia de Versalles igualdade de dereitos para a colonia de Indochina. Membro fundador do PCF, trasladouse a Moscova. Máis tarde foi enviado polo Komintern a Hong Kong, onde fundou o Partido Comunista de Indochina tralas revoltas de 1930 en Vietnam.
Adoptou o nome de Hô Chi Minh, o que ilumina, e volveu ao seu país en 1941. Xa en Vietnam formou o Viet Minh (Viet Nam Da Lap Dong Minh Hoi, Liga para a Independencia de Vietnam) ao que se adheriron grupos nacionalistas, con Vo Nguyen Giap ao mando dos grupos armados.
Declaración de Independencia e guerra
[editar | editar a fonte]O 2 de setembro de 1945 declarou a independencia de Vietnam, mais ao non aceptala Francia na conferencia de Fontainebleau, en decembro de 1946 desatouse a guerra. Trala vitoria de Dien Bien Phu (7 de maio de 1954), foi proclamado Presidente da República Democrática de Vietnam. Ao non convocarse o referendo sobre a unificación dos dous estados, en 1959 ordenou o apoio ás guerrillas que xa actuaban dende o ano anterior en Vietnam do Sur. Formouse así a Fronte Nacional de Liberación (FNL), o que provocou a intervención dos EUA, guerra que Hô Chi Minh non vería rematada.

Durante moitos anos viviu nunha pequena casa, malia os ofrecementos do goberno de trasladarse a un mellor domicilio.
En 1975, Saigón foi renomeada Cidade de Ho Chi Minh (Thành Phố Hồ Chí Minh).
Precedido por Bảo Đại
|
![]() 2 de setembro de 1945 – 2 de setembro de 1969 |
Sucedido por Tôn Đức Thắng |
Precedido por Trần Trọng Kim
|
![]() 2 de setembro de 1945 – 20 de setembro de 1955 |
Sucedido por Phạm Văn Đồng |
Precedido por Título novo
|
![]() 1951 – 1969 |
Sucedido por Ninguén |
Precedido por Trường Chinh
|
![]() 1956 – 1960 |
Sucedido por Lê Duẩn |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hô Chi Minh". Diciopedia do século 21 2. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1064.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hô Chi Minh ![]() |