Saltar ao contido

Historia de Chile

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Historia de Chile

Mapa de 1793.
Historia de Chile
Cronoloxía Cronoloxía de Chile
Categoría Historia de Chile

A historia de Chile abrangue a historia de Chile e a dos seus estados predecesores.

Período prehispánico

[editar | editar a fonte]

O Chile prehispánico estaba habitado por numerosos pobos indíxenas, o máis numeroso era o pobo mapuche.

Idade Moderna

[editar | editar a fonte]

Mais en 1531 os españois toman o control do goberno central do Imperio Inca (o actual Perú) e a partir deste feito inician campañas para tomar o control dos territorios ao Sur do Imperio.

Pedro de Valdivia.

Un dos primeiros conquistadores españois foi Diego de Almagro. En 1535 encabezou unha expedición ao sur desde Perú despois de disputas territoriais con Pizarro. Almagro é considerado por iso o "descubridor de Chile", a pesar de que xa era habitado por outras persoas, e a pesar de que Fernando de Magalláns xa avistara esa terra no seu cruzamento do Estreito de Magalláns. Anos máis tarde realizouse a viaxe de Pedro de Valdivia 1540-1541. No seu camiño para o sur, e atravesando o Deserto de Atacama, Valdivia fundou unha serie de asentamentos, o primeiro e máis importante, o 12 de febreiro de 1541, Santiago de Nova Extremadura ao pé do Cerro Holén, ao que rebautizou co nome de Santa Lucía.

Valdivia, non conforme coas magras riquezas obtidas, decide iniciar unha campaña militar sobre os territorios de máis ao sur, atopando a morte e dando comezo á Guerra de Arauco, que Alonso de Ercilla relataría maxistralmente na obra La Araucana (1576). A guerra prolongouse ata 1609, momento no cal o Rei de España e os caciques mapuches celebran o Parlamento de Quilín en que se recoñece unha ambigua autonomía como Nación dentro do Reino de Chile. Periodicamente desde entón, cada novo gobernador chileno designado polo Rei celebraba estes "Parlamentos", que buscaban resolver as diferenzas entre ambas as partes e prolongar a paz, usando o río Biobío como límite natural de ambos territorios, unha zona aínda coñecida como "A Fronteira". Este sistema perdurará ata as guerras dirixida polo estado chileno e arxentino no século XIX, xa libres do dominio español, proceso que remata coa Pacificación da Araucania en 1881.

Idade Contemporánea

[editar | editar a fonte]

Independencia

[editar | editar a fonte]

A proclamación da república de Chile por Bernardo O'Higgins ocorreu no día 12 de febreiro de 1818, e comezou cun período de aprendizaxe política no que se redactaron varios textos constitucionais, que representaban ao partido dirixente. Finalmente en 1831 os conservadores asumen o goberno e promulgan a Constitución de 1833, mais os liberais obteñen o poder en 1861 e propoñéndose laicizar ao estado, quitarlle a influencia que a Igrexa católica tiña sobre este. Despois da guerra civil de 1891 comeza a época parlamentarista, na cal o presidente é só unha imaxe pública sen un poder considerábel.

Século XX

[editar | editar a fonte]

Durante o período das presidencias do Partido Radical (1938-1952), o Estado chileno aumentou a súa participación na economía nacional. En 1952, despois de tres presidencias radicais (Pedro Aguirre Cerda (1938-1941), Juan Antonio Ríos (1942-1946) e Gabriel González Videla (1946-1952), retornou á Presidencia o xeneral Carlos Ibáñez del Campo, que fora ditador de Chile entre 1927 e 1931. Jorge Alessandri sucedeu Ibáñez en 1958, derrotando ó socialista Salvador Allende por unha estreita marxe de votos.

As eleccións presidenciais de 1964 levaron á presidencia o fundador do Partido Demócrata Cristián, Eduardo Frei Montalva, que derrotou a Salvador Allende e ó radical Julio Durán. Frei gobernou co slogan "Revolución en Libertad" pondo en práctica un programa de reformas sociais e económicas, que, entre outras medidas, contemplou reformas no sistema educativo, construción de casas populares, sindicalización dos traballadores rurais e a reforma agraria. No entanto, a partir de 1967 Frei atopou unha crecente oposición por parte dos sectores máis á esquerda, que o acusaban de ser tímido nas reformas, ben como unha forte oposición dos sectores máis conservadores, que achaban tales reformas demasiado excesivas.

En 1970, Salvador Allende foi elixido presidente pero o 11 de setembro de 1973 sufriu un golpe de estado e o xeneral Augusto Pinochet asumiu o goberno, instaurando a ditadura. Pinochet ficou no poder por dezasete anos, sendo sucedido polo civil Patricio Aylwin, preeminente membro do Partido Demócrata Cristián (PDC).

En 1994, foi elixido presidente Eduardo Frei Ruiz-Tagle, fillo do presidente Eduardo Frei Montalva e tamén afiliado ao PDC, que entregou o poder seis anos despois a Ricardo Lagos, do Partido Socialista de Chile, o mesmo partido de Salvador Allende.

Pódese afirmar que, desde a independencia, hai unha clara busca por establecer réximes democráticos que foron interrompidos por accións de forza. A pesar diso Chile conta cunha vida institucional relativamente estábel, con só un puñado de períodos de axitación ou gobernos de facto. O máis longo e recente foi a ditadura de Augusto Pinochet, desde 1973 ata 1990, ano en que se restauraron as liberdades e institucións democráticas.