Hemorraxia
Hemorraxia | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Sangrado dun dedo debido a unha ferida | |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A hemorraxia ou sangrado [1] consiste na perda de sangue producida pola rotura dun ou varios vasos sanguíneos, ben sexan vasos capilares (feridas leves), venosos ou arteriais. Nestes dous últimos casos, o sangue sae a presión e é preciso actuar rapidamente.
Clasificación
[editar | editar a fonte]- Hemorraxias internas: rompe un vaso no interior do corpo sen que o sangue saia do mesmo
- Hemorraxias externas: diferénciase do anterior por mor de se producir unha ferida que rache ou corte a pel e que permita que mane ó exterior do corpo un fluxo sangíneo.
- Hemorraxias agudas: vértese velozmente o sangue facendo temer unha inminente desaparición das constantes vitais.
- Hemorraxias crónicas: Adoitan ser consecuencia dalgunha enfermidade que produce unha perda sanguínea paulatina.
Actuación ante a hemorraxia interna
[editar | editar a fonte]Se a hemorraxia interna é producida por unha rotura capilar estaremos ante unha mazadura á cal convirá aplicarlle xeo para, ó contraer mediante o frío os vasos sanguíneos, evitar que o negrón se estenda.
Ante unha hemorraxia interna arterial ou venosa é preciso pedir urxente axuda sanitaria, pois hai perigo de shock. Os síntomas que pode presentar unha hemorraxia interna arterial son
- Elevado ritmo cardíaco.
- Pel pálida
- Deixadez con somnolencia e escasa consciencia.
- Diminución da temperatura corporal superficial.
Investigación
[editar | editar a fonte]O día 12 de outubro de 2006 anunciouse que un equipo mixto de científicos da Universidade de Hong Kong (dirixidos polo Dr. Xo Kwok-Fai, xefe do Departamento de anatomía) e do MIT (EEUU) anunciou que descubrira por casualidade un composto capaz de frear as hemorraxias en 15 segundos. A investigación inicial pretendía traballar na rexeneración das células cerebrais e centrábase nos roedores, polo que faltaría a súa posible aplicación na cirurxía para humanos (onde o control de hemorraxias consome ata a metade do tempo das operacións). Os resultados publicáronse na revista Nature e, a pesar de non coñecer exactamente a natureza do novo material, supónse que se debe a que os seus péptidos actúan a nanoescala coma un xel protector sobre a ferida. Inicialmente o produto experimentouse para hemorraxias en cerebro, fígado, pel e tecido da medula espiñal, para as cales faría innecesario o uso dos habituais sistemas de presión con pinzas, esponxas e aplicación de calor. Cun prazo de inicio de cinco anos para as probas clínicas, non se prevía que o seu uso se xeneralizase ata o 2016.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "bUSCatermos; hemorraxia, sangrado". aplicacions.usc.es. Consultado o 2022-04-04.[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hemorraxia |