Hans Memling
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1430 ↔ 1440 Seligenstadt (Sacro Imperio Romano Xermánico) |
Morte | 11 de agosto de 1494 (58/59 anos) Bruxas (Reino de Francia) |
Lugar de sepultura | Sint-Gilliskerk Brugge (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Bruxas (1466 (Gregoriano)–1494 (Gregoriano)) Bruxelas Colonia |
Ocupación | pintor, artista, artista visual |
Movemento | Pintura flamenga primitiva |
Catálogo crítico | L’opera completa di Memling (en) (1969) |
Profesores | Rogier van der Weyden |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Teutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) , (sec:Memmelinck/ Mahler zu Harlem. 216, 216) Schilderboeck (pt) , (sec:Van verscheyden Schilders, van desen oudt-tijtsche, oft Modernen tijdt., M185) Allgemeine Deutsche Biographie, 21st volume (en) |
Hans Memling foi un pintor nado na Alemaña, en Seligenstadt entre 1435 e 1440. Estabelecido en Flandres, onde morreu na cidade de Bruxas en 1494, considérase un pintor flamengo.
Biografía
[editar | editar a fonte]Pintor de grande reputación en vida, tanto en Bruxas como en Italia, en Alemaña ou en Inglaterra, logo esquecido inxustamente durante varios séculos, Hans Memling foi redescuberto a comezos do século XIX polos alemáns, especialmente por Schlegel. Prezado pola masa e mal estimado polos historiadores da arte, ocupa hoxe un lugar especial entre os primitivos flamengos. Herdeiro de Rogier van der Weyden, encarna un xuste medio en valoración, unha sorte de clasicismo que conmove pola súa sinxeleza e finura. A súa arte salienta en dous dominios: a serenidade e a suavidade. É a serenidade da súa concepción artística o que de primeiras chama a atención, cando un considera os seus cadros máis auténticos: "A Virxe entre santos" e a "Adoración dos Reis Magos" ambos os dous custodiados no Hospital de San Xoán (Johannishospital), en Bruxas.
Obras
[editar | editar a fonte]- O Xuízo Final (1467-1471), Museo Nacional (Muzeum Narodowe), Gdánsk,
- O Johannishospital posúe os traballos principais do artista en Bruxas:
- Vodas de santa Catarina, retablo (1479),
- Adoración dos Reis Magos (1479),
- Retrato de María Moreel, como Sibylla persica (1480),
- Virxe e Neno co doador Martin van Nieuwenhoven (1487)
- O relicario de santa Úrsula con 6 episodios da lenda das 11.000 virxes (1489).
- No Groeningemuseum de Bruxas: tríptico cos santos Cristovo, Mauricio, Eloi, e o doador, o burgomestre Moreel e a súa familia
- Na Galería dos Reis de Turín: cadro da Paixón de Cristo,
- Na Alte Pinakothek de Múnic Os sete gozos de María,
- Na catedral Lübeck, retablo de 1491, con Cristo na cruz.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hans Memling |