Hannes Kolehmainen
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fi) Juho Pietari Kolehmainen 9 de decembro de 1889 Kuopio, Finlandia |
Morte | 11 de xaneiro de 1966 (76 anos) Helsinqui, Finlandia |
Altura | 168 cm |
Peso | 57 kg |
Actividade | |
Ocupación | fondista, maratoniano, atleta |
Nacionalidade deportiva | Finlandia |
Deporte | atletismo |
Disciplina deportiva | Maratón |
Participou en | |
1924 | Xogos Olímpicos de 1924 |
1920 | Xogos Olímpicos de 1920 |
1912 | Xogos Olímpicos de 1912 |
Premios | |
Cadro de medallas | |||
---|---|---|---|
Atletismo masculino | |||
Xogos Olímpicos | |||
Estocolmo 1912 | 5.000 m | ||
Estocolmo 1912 | 10.000 m | ||
Estocolmo 1912 | Cross country individual | ||
Anveres 1920 | Maratón | ||
Estocolmo 1912 | Cross country por equipos |
Juho Pietari "Hannes" Kolehmainen, nado o 9 de decembro de 1889 en Kuopio e finado o 11 de xaneiro de 1966 en Helsinqui, foi un atleta finlandés especialista en probas de longa distancia que gañou catro medallas de ouro olímpicas e unha de prata entre os Xogos Olímpicos de Estocolmo 1912 e os de Anveres 1920.
Está considerado como o pioneiro da xeración de atletas finlandeses que dominaron as probas de media e longa distancia nos anos 20, e aos que se coñece coma os Finlandeses Voadores ("Flying Finns"), tales como Paavo Nurmi, Ville Ritola, Albin Stenroos ou o propio Kolehmainen.
Kolehmainen procedía dunha familia de tradición deportiva (os seus irmáns Willy e Tatu tamén eran corredores de fondo), e converteuse nunha das grandes estrelas dos Xogos Olímpicos de 1912, ao gañar tres medallas de ouro (5.000 m, 10.000 m e cross-country individual) e unha de prata (cross-country por equipos)
A súa actuación máis memorábel nestes Xogos foi a súa vitoria nos 5.000 metros, onde mantivo un gran duelo co francés Jean Bouin. Despois de dominar a maior parte da carreira, Bouin viuse superado por Kolehmainen nos metros finais. O tempo do vencedor foi de 14:36,6 un novo récord do mundo.
Por esta época Finlandia era parte do Imperio Ruso, e aínda participaba nos Xogos Olímpicos cun equipo propio, nas vitorias dos seus deportistas era a bandeira rusa a que se izaba. Isto fíxolle dicir a Kolehmainen que case desexaba non ter gañado para non ter que ver ondear esa bandeira.
Tralos Xogos trasladouse aos Estados Unidos, onde residiu ata 1921, e participou en numerosas competicións. A súa carreira deportiva sufriu un duro golpe polo estalido da primeira guerra mundial, que fixo que se suspenderan os Xogos Olímpicos de 1916, previstos en Berlín.
Trala guerra, nos Xogos Olímpicos de 1920, volveu conseguir un grande éxito ao vencer na proba de maratón, e ademais batendo o récord mundial con 2h32:35. A 2ª posición foi para o estoniano Jury Lossman, que chegou só a 13 segundos, e a 3ª para o italiano Valerio Arri, a case 4 minutos do gañador.
Retirouse do atletismo en 1923, pero Finlandia atoparía sucesores do talle de Paavo Nurmi, Wille Ritola o Albin Stenroos, que manterían durante varios anos a hexemonía de Finlandia nas probas de mediofondo e fondo.
Moitos anos despois, na cerimonia inaugural dos Xogos Olímpicos de 1952, Kohlemainen foi o encargado de prender o facho olímpico, despois de recibilo de mans de Paavo Nurmi Era un xeito de render tributo á época dourada do atletismo finlandés.
Kohlemainen faleceu en Helsinqui o 11 de xaneiro de 1966 aos 76 anos de idade.
Marcas persoais
[editar | editar a fonte]- 1.500 metros - 4:08,7 (Helsinqui, 25 de maio de 1911)
- 5.000 metros - 14:36,6 (Estocolmo, 10 de xullo de 1912)
- 10.000 metros - 31:20,8 (Estocolmo, 8 de xullo de 1912)
- Maratón - 2h32:35 (Anveres, 22 de agosto de 1920)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hannes Kolehmainen |
- Atletas olímpicos de Finlandia
- Fondistas
- Medallistas olímpicos en atletismo
- Nados en Kuopio
- Medallistas olímpicos de ouro por Finlandia
- Medallistas olímpicos de prata por Finlandia
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1912
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1920
- Atletas nos Xogos Olímpicos de 1912
- Atletas nos Xogos Olímpicos de 1920
- Atletas nos Xogos Olímpicos de 1924