Gran Premio de Alemaña de 2014
Nome oficial | 2014 Formula 1 Grosser Preis Santander von Deutschland |
---|---|
Nome na lingua orixinal | (de) Großer Preis Santander von Deutschland 2014 |
Tipo | Gran Premio de Alemaña |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014 |
Distancia do evento | 67 |
Localización e Datas | |
Localización | Hockenheimring (Hockenheim) 49°19′40″N 8°33′57″L / 49.327777777778, 8.5658333333333 |
Lonxitude | 4,574 km |
País | Alemaña |
Data | 20 de xullo de 2014 |
Competición | |
Primeiro posto | Nico Rosberg |
Pole position | Nico Rosberg |
Volta máis rápida | Lewis Hamilton |
O Gran Premio de Alemaña de 2014 (oficialmente o Formula 1 Grosser Preis Santander Von Deutschland) é unha carreira de Fórmula Un que se celebrou o 20 de xullo de 2014, en Hockenheimring, Hockenheim, Alemaña. Logo de celebrarse en Nürburgring GP-Strecke na tempada 2013, a carreira volverá á Hockenheimring cerca Hockenheim no estado alemán de Baden-Württemberg, onde se celebrou a carreira en 2012. Foi a décima carreira da tempada 2014. Foi o 75º Gran Premio de Alemaña, e o 61º como parte do Campionato Mundial de Fórmula 1. A carreira gañouna Nico Rosberg que partiu dende a pole.[1][2]
Informe
[editar | editar a fonte]Antecedentes
[editar | editar a fonte]Dúas semanas antes da carreira, o FIA anunciou a prohibición inmediata da interconexión do sistema de suspensión dianteiro e traseiro (comunmente abreviado como FRIC), con efecto a partir do Gran Premio de Alemaña, o argumento é que o sistema FRIC cualificase como un dispositivo aerodinámico móbil en virtude do artigo 3.15 das normas técnicas.[3]
Resumo da carreira
[editar | editar a fonte]Nico Rosberg que saía da pole conservou a vantaxe no comezo, pero xa na primeira curva houbo un contacto entre Felipe Massa e Kevin Magnussen: o brasileiro leva a peor parte, e vese obrigado a retirarse. A dirección da carreira saca o coche de seguridade que lidera o grupo as dúas primeiras roldas. Na reanudación Rosberg é primeiro, seguido de Valtteri Bottas, Sebastian Vettel, Fernando Alonso, Nico Hülkenberg, Jenson Button, Daniil Kvjat e Sergio Pérez. O mexicano, durante a terceira volta, pasa ao Toro Rosso do ruso.
Kvjat na volta nove intenta recuperar a posición, pero toca o coche do mexicano, trompea, e perde postos na clasificación. O que recupera varias posicións é Lewis Hamilton, que partía desde a vixésima posición. O británico, xa estaba nos puntos na décima volta. Na décimo terceira volta Hamilton ataca a Kimi Räikkönen e Daniel Ricciardo na forquita, e arránxase para pasar aos dous, polo que escalou ata o sétimo lugar. Fernando Alonso xa fixera a súa primeira parada en boxes unha volta antes. Na volta 14 Vettel e Hulkenberg tamén se tocaron: os dous mantiveron a vantaxe sobre o español.
Na volta 15 realizase o primeiro cambio de pneumáticos para os dous primeiros na pista Rosberg e Bottas. Detrás Vettel ataca a Räikkönen imitado con éxito ao mesmo tempo por Alonso. O finlandés cae así ao sexto lugar. A carreira segue liderada por Rosberg, seguido de Lewis Hamilton (que aínda non fixera paradas), a continuación, Valtteri Bottas, Vettel e Alonso. Na volta 19, Hamilton cede a posición a Bottas, mentres que Nico Hulkenberg toma o sexto lugar pasando a Kimi Räikkönen. Este fai o cambio de pneumáticos na volta 21, mentres que Hamilton non o fai ata a volta 29, sae oitavo de boxes, pero pasa rapidamente a Daniel Ricciardo. O inglés continúa a remontada tratando de pasar ao seu ex compañeiro de equipo Jenson Button, os dous tócanse. A manobra ten éxito unha volta máis tarde, e Hamilton pide desculpas a Button polo incidente da volta anterior.
Na volta 30 Alonso fai a segunda parada en boxes, imitado unha volta mais tarde por Vettel. O alemán sae diante do español, pero este adiántao rapidamente. Na volta 37, ambos pasan a Hülkenberg. Entre a volta 40 e 42 fan a segunda parada Bottas, Rosberg e Hamilton. A carreira segue sendo liderada por Nico Rosberg, seguido de Valtteri Bottas, Fernando Alonso, Sebastian Vettel, Lewis Hamilton, Jenson Button, Daniel Ricciardo e Nico Hülkenberg.
Vettel fai a terceira parada en boxes na volta 45, monta pneumáticos brandos (polo tanto o alemán é pasado por Hamilton). Pouco despois o coche de Kvjat prende lume, na volta 50, logo de facer un trompo, o Sauber de Adrian Sutil quedou atravesado en medio da recta de boxes aínda que fora da trazada dos bólidos; o director da carreira decide non sacar o coche de seguridade á pista, o bólido e retirado a man polos comisarios. Na quincuaxésima cuarta volta Ricciardo pasa a Hülkenberg, unha volta despois Alonso fai o terceiro cambio de pneumáticos; isto permite a Hamilton subir ao terceiro lugar. Unha volta máis tarde, o australiano de Red Bull Racing, supera a Button, e ponse quinto. Button cede a posición a Alonso, que é capaz de pasar a Ricciardo e poñerse no quinto lugar, logo dunha longa batalla co australiano.
Nico Rosberg gañou por sétima vez unha carreira do mundial, por diante de Valtteri Bottas e Lewis Hamilton. Williams, con Bottas gana así o podio número trescentos nunha carreira válida para o campionato do mundo de Fórmula 1. O primeiro foi anotado por Jacques Laffite, en Alemaña, en 1975.
Cualificación
[editar | editar a fonte]Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Q3 | Grella |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 6 | Nico Rosberg | Mercedes | 1:17.631 | 1:17.109 | 1:16.540 | 1 |
2 | 77 | Valtteri Bottas | Williams-Mercedes | 1:18.215 | 1:17.353 | 1:16.759 | 2 |
3 | 19 | Felipe Massa | Williams-Mercedes | 1:18.381 | 1:17.370 | 1:17.078 | 3 |
4 | 20 | Kevin Magnussen | McLaren-Mercedes | 1:18.260 | 1:17.788 | 1:17.214 | 4 |
5 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull-Renault | 1:18.117 | 1:17.855 | 1:17.273 | 5 |
6 | 1 | Sebastian Vettel | Red Bull-Renault | 1:18.194 | 1:17.646 | 1:17.577 | 6 |
7 | 14 | Fernando Alonso | Ferrari | 1:18.389 | 1:17.866 | 1:17.649 | 7 |
8 | 26 | Daniil Kvyat | Toro Rosso-Renault | 1:18.530 | 1:18.103 | 1:17.965 | 8 |
9 | 27 | Nico Hülkenberg | Force India-Mercedes | 1:18.927 | 1:18.017 | 1:18.014 | 9 |
10 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 1:18.916 | 1:18.161 | 1:18.035 | 10 |
11 | 22 | Jenson Button | McLaren-Mercedes | 1:18.425 | 1:18.193 | 11 | |
12 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 1:18.534 | 1:18.273 | 12 | |
13 | 25 | Jean-Eric Vergne | Toro Rosso-Renault | 1:18.496 | 1:18.285 | 13 | |
14 | 21 | Esteban Gutiérrez | Sauber-Ferrari | 1:18.739 | 1:18.787 | 17[4] | |
15 | 8 | Romain Grosjean | Lotus-Renault | 1:18.894 | 1:18.983 | 14 | |
16 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:18.683 | sen tempo | 20 [5] | |
17 | 99 | Adrian Sutil | Sauber-Ferrari | 1:19.142 | 15 | ||
18 | 17 | Jules Bianchi | Marussia-Ferrari | 1:19.676 | 16 | ||
19 | 13 | Pastor Maldonado | Lotus-Renault | 1:20.195 | 18 | ||
20 | 10 | Kamui Kobayashi | Caterham-Renault | 1:20.408 | 19 | ||
21 | 4 | Max Chilton | Marussia-Ferrari | 1:20.489 | 21 | ||
107% tempo: 1:23.065 | |||||||
NC | 9 | Marcus Ericsson | Caterham-Renault | Sen tempo | PL[6] | ||
Fonte:[7] |
Carreira
[editar | editar a fonte]Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Richards, Giles (20 de xullo de 2014). "Nico Rosberg wins F1's German Grand Prix with Lewis Hamilton third". The Guardian (Guardian Media Group). Consultado o 21 de xullo de 2014.
- ↑ Parkes, Ian (20 de xullo de 2014). "Nico Rosberg wins German Grand Prix as Felipe Massa crashes out in Hockenheim and Lewis Hamilton secures third spot". Daily Mail (DMG Media). Press Association. Consultado o 21 de xullo de 2014.
- ↑ Allen, James (8 de xullo de 2014). "How much will an FIA ban on FRIC suspension affect the order in F1?". James Allen on F1 (James Allen). Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 11 de xullo de 2014.
- ↑ Esteban Gutiérrez recibiu unha penalización de tres posicións como resultado dun accidente con Pastor Maldonado no anterior Gran Premio do Reino Unido
- ↑ Lewis Hamilton recibiu unha penalización de cinco posicións por cambiar a caixa de cambios, logo dun accidente na Q1.
- ↑ Marcus Ericsson non logrou establecer un tempo de volta na Q1. Posteriormente foi penalizado con ter que comezar desde o pit lane, e tivo unha segunda penalización facendo un stop & go de 10 segundos dentro das tres primeiras voltas da carreira, xa que o seu equipo violou as regulacións do Parque Pechado
- ↑ "Qualifying Results". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 5 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2014. Consultado o 5 de xullo de 2014.
- ↑ "2014 FORMULA 1 GROSSER PREIS SANTANDER VON DEUTSCHLAND". 20 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2014. Consultado o 20 de xullo de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Alemaña de 2014 |
Carreira anterior: Gran Premio do Reino Unido de 2014 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2014 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Hungría de 2014 |
Carreira anterior: Gran Premio de Alemaña de 2013 |
Gran Premio de Alemaña | Carreira seguinte: Gran Premio de Alemaña de 2015 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |