Hockenheim
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Baden-Württemberg | ||||
Rexión administrativa | Rexión de Karlsruhe | ||||
Distrito rural | Distrito de Rin-Neckar ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 21.631 (2023) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 34,84 km² ![]() | ||||
Altitude | 102 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Marcus Zeitler ![]() | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 68766 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 06205 ![]() | ||||
Clave de rexión en Alemaña | 082265004032 ![]() | ||||
Número de municipio alemán | 08226032 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | hockenheim.de ![]() | ||||
![]() ![]() |
Hockenheim é unha cidade de Alemaña de 21.130 habitantes situada no Land de Baden-Württemberg. É unha das seis cidades meirandes do distrito de Rhein-Neckar-Kreis. En 1999, o número de habitantes superou os 20.000, polo que o goberno da vila acordou a organización dunha administración central coas municipalidades veciñas de Altlußheim, Neulußheim e Reilingen.
Política
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f6/Hockenheim_Evangelische_Kirche_20070516.jpg/120px-Hockenheim_Evangelische_Kirche_20070516.jpg)
A partir das últimas eleccións locais do 13 de xuño de 2004, o consello local de Hockenheim está integrado por 22 membros, que teñen a denominación de "Stadtraetin/Stadtrat". Dirixindo a cidade está o alcalde, que é elixido directamente pola poboación cada oito anos. O seu representante permanente é o "Erste Beigeordnete", coa designación de "Bürgermeister" (Burgomestre).
Escudo
[editar | editar a fonte]Adoptado en 1609, o escudo de armas de Hockenheim está composto por dous ganchos de prata cruzados diagonalmente coroados por un león dourado. O león é o animal do Palatinado Electoral, ao que pertencía a vila. Os ganchos probabelmente derivan do nome do lugar. A forma dos símbolos trocou varias veces, mais a súa forma actual está especificada por lei municipal dende 1895.
Deporte
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7d/Hockenheim_Panorama.jpg/600px-Hockenheim_Panorama.jpg)
O Hockenheimring, é un circuíto construído en 1932, e acolle o Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1 dende 1970, concretamente 28 veces nos últimos 35 anos.
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Commercy (Francia) dende 1970.
Hohenstein-Ernstthal (Alemaña) dende 1990.
Mooresville (Estados Unidos) dende 2002.