Saltar ao contido

Gabián grego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Accipiter brevipes

O gabián grego[2] (Accipiter brevipes) é unha ave de rapina migratoria da familia Accipitridae.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Son relativamente pequenos, cunha lonxitude de entre 30 e 37 cm. e unha envergadura de ás que vai dos 63 ós 76 cm. As femias son meirandes cá os machos, sen chegar, porén, a diferenzas tan marcadas coma no gabián común (Accipiter nisus). Teñen as ás amplas e a cola longa, adaptadas para manobrar entre as árbores. O corpo máis delgado, a cola algo máis curta e as ás máis aguzadas có gabián común dánlle un certo aspecto de falcón.

Os machos adultos son grises azulados pola parte superior, coas puntas das ás escuras e a parte inferior case branca. As femias son grises lousa por riba, cun barrado castaño avermellado na parte inferior do corpo e ás veces cunha liña negra curta na gorxa, que está sempre presente nas aves novas, que son castañas escuras por riba con manchas escuras na parte inferior.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Son aves migratorias que crían en diversas rexións do sueste de Europa, dende Grecia e os Balcáns, ata o sur da Federación Rusa. Máis dos exemplares reprodúcense nunha faixa que vai dende o norte do mar Negro ata ó mar Caspio.

Emigran en bandos grandes, que parten en setembro para pasa-lo inverno ó sur do Sudán, en Níxer, o Chad, Etiopía e polo leste ata o suroeste de Irán.

O seu hábitat de cría principal son zonas de bosque caducifolio, con preferencia polas situadas en terreos con outeiros e de orografía variable en xeral.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Aliméntanse xeralmente de pequenos mamíferos, lagartos e insectos, ás veces tamén de paxaros.

Aliméntanse de mamíferos pequenos, insectos, lagartos e paxaros que capturan aparecendo por sorpresa despois de engalaren no punto onde estaban pousados.

Maduran sexualmente xa ó ano. Constrúen os seus niños en árbores a miúdo moi altas. Fan un niño novo cada ano. En xeral poñen de 3 a 5 ovos entre maio e finais de xuño.

Nomes vulgares noutras linguas

[editar | editar a fonte]
  • Alemán: Kurzfangsperber.
  • Catalán: Esparver grec.
  • Español: Gavilán griego.
  • Euskara: Greziar gabirai
  • Francés: Épervier à pieds courts.
  • Inglés: Levant Sparrowhawk.
  • Italiano: Sparviere levantino.
  • Polaco: Krogulec krótkonogi.
  • Portugues: Gavião-de-pé-curto.
  • Sueco: Balkanhök.
  1. BirdLife International (2013). "Accipiter brevipes". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Conde Teira, Miguel Ángel (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada. Chioglossa. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Benny Génsbol, Walther Thiede; Greifvögel - Alle europäischen Arten, Bestimmungsmerkmale, Flugbilder, Biologie, Verbreitung, Gefährdung, Bestandsentwicklung, BLV Verlag München, 1997, ISBN 3-405-14386-1
  • Theodor Mebs; Greifvögel Europas - Biologie - Bestandsverhältnisse - Bestandsgefährdung Franckh-Kosmos Verlag Stuttgart 2002, ISBN 3-440-06838-2