Fredric Brown
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de outubro de 1906 Cincinnati, Estados Unidos de América |
Morte | 11 de marzo de 1972 (65 anos) Tucson, Estados Unidos de América |
Relixión | Ateísmo |
Actividade | |
Ocupación | escritor, guionista, novelista, escritor de ciencia ficción |
Período de actividade | 1938 - |
Xénero artístico | Ciencia ficción, mistério (pt) e Ficción detectivesca |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
|
Fredric Brown, nado o 29 de outubro de 1906 en Cincinnati (Ohio) e finado o 11 de marzo de 1972, foi un escritor norteamericano de ficción científica e misterio.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciado en Xornalismo. Comeza a súa carreira exercendo distintas funcións dentro da profesión: foi linotipista, impresor e redactor. No 1937 debuta como narrador dentro do xénero -a través do subxénero policíaco- e no 1941 debuta como novelista de ciencia ficción, se ben xa viña publicando relatos curtos en distintas revistas pulps da época. Brown consegue o recoñecemento do público en ambos os xéneros, se ben os premios e o recoñecemento da crítica serían maiores na súa dedicación ó xénero de ciencia ficción, de feito a súa primeira novela, A trampa fabulosa, valeulle o Premio Edgar. Un feito este contraditorio co labor do propio Brown, cunha obra bastante máis ampla na novela negra.
É sobre todo coñecido polos seus contos. Como escritor de CF amósase como un mestre do relato curto, amais de ser un precursor de moitos dos temas da CF contemporánea. O seu estilo reúne a sedución da literatura popular, xunto con enfoques literarios tan pouco característicos do xénero -ata a chegada da súa figura- como o uso do humor, o sarcasmo ou a ironía. Ademais é un dos escritores máis audaces á hora de facer experimentacións narrativas en ficción de xénero. A pesar de que non foi un escritor especialmente popular en vida, a obra de Brown xerou un considerable culto que continúa medio século despois de que realizara o seu derradeiro escrito.
A súa delicada saúde, agravada por problemas co alcol, fixo que Brown mudase de lugar de residencia en varias ocasións, sempre na busca de climas cálidos. Así, trasladarase primeiro de Nova York a Novo México, e máis tarde a California onde, ademais, traballou como guionista televisivo. Precisamente a saúde foi a causa do seu falecemento prematuro, en marzo de 1972.
Novelas de ciencia ficción
[editar | editar a fonte]- Universo de Locos (1946)
- Por sendas estreladas (1953)
- Marciano, vaite a casa! (1956)
- Vagabundo do espazo (1957)
- O ser mente (1961)