Saltar ao contido

Francisco Javier Bobillo de la Peña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Javier Bobillo de la Peña
Biografía
Nacemento10 de xullo de 1946 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de xaneiro de 2017 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Lanzarote, España Editar o valor en Wikidata
Catedrático de universidade
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1068378 Dialnet: 118921 Tebeosfera: bobillo_de_la_pena_francisco_javier

Francisco Javier Ángel Bobillo de la Peña, nado en Ourense o 10 de xullo de 1946 e finado en Lanzarote o 6 de xaneiro de 2017, foi un catedrático, político e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Marchou estudar Enxeñería de Camiños na Universidade Politécnica de Madrid. Foi detido o 31 de outubro de 1968 e condenado polo Tribunal de Orde Pública o 13 de xuño de 1969 a 3 meses de arresto e 5.000 pesetas de multa por "desobediencia” e a 7 meses de prisión menor e 10.000 pesetas de multa por “propaganda ilegal”. Membro do Partido Socialista do Interior en Madrid que en 1974 se transformou no Partido Socialista Popular. Licenciouse en Ciencias Políticas na Universidade Complutense de Madrid, ampliou estudos na Universidade Columbia cunha bolsa Fulbright. Foi profesor e catedrático na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade Complutense. Doutorouse en 1980 coa tese Nacionalismo e ideología en Vicente Risco dirixida por Enrique Tierno Galván. Foi profesor nas universidades de Stanford, Middlebury College e Hamilton College, director da editorial Tecnos e secretario xeral da Universidade Internacional Menéndez Pelayo. En outubro de 1993 foi nomeado Director Xeral do Libro e Bibliotecas do Ministerio de Cultura pola ministra Carmen Alborch. Foi comisario da exposición La Transición en tinta china. Finou en Lanzarote o 6 de xaneiro de 2017.[1]

  • Nacionalismo gallego. La ideología de Vicente Risco, 1981.
  • La realidad como problema. Estudios sobre intelectuales y política, 1999.
  • El sonajero de los pueblos, 2002.
  • El BOE hace historia, 2008.
  • Seguridad Pública, 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]