Ernest Ansermet
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de novembro de 1883 Vevey, Suíza |
Morte | 20 de febreiro de 1969 (85 anos) Xenebra, Suíza |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Cemiterio dos Reis, D-390 |
Educación | Universidade de Lausana |
Actividade | |
Campo de traballo | Música clásica |
Ocupación | director de orquestra, compositor, musicólogo, músico |
Período de actividade | 1910 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música clásica |
Selo discográfico | Decca Records |
Familia | |
Cónxuxe | Juliette Ansermet |
Premios | |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, The New Grove Dictionary of Music and Musicians (pt) |
Ernest Ansermet, nado en Vevey o 11 de novembro de 1883 e finado en Xenebra o 20 de febreiro de 1969, foi un director de orquestra suízo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nativo da rexión francófona de Suíza comezou a súa carreira profesional como profesor de matemáticas, dirixindo como afección. Durante unha viaxe a Francia coñeceu a Claude Debussy e Maurice Ravel. Durante a primeira guerra mundial coñeceu a Igor Stravinskii, exiliado en Suíza. En 1918 fundou a súa propia orquestra, a Orchestre de la Suisse Romande, coa que viaxou por Europa e América, de enorme importancia na difusión da música clásica moderna.