Saltar ao contido

David Sassoli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDavid Sassoli

(1969) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) David-Maria Sassoli Editar o valor en Wikidata
30 de maio de 1956 Editar o valor en Wikidata
Florencia, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte11 de xaneiro de 2022 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Aviano, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSutri (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente do Parlamento Europeo
3 de xullo de 2019 – 11 de xaneiro de 2022 (finado no cargo)
← Antonio TajaniRoberta Metsola →
Eurodeputado

2 de xullo de 2019 – 11 de xaneiro de 2022 (finado no cargo)Camilla Laureti (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Italy (en) Traducir

Eurodeputado

1 de xullo de 2014 – 1 de xullo de 2019

Circunscrición electoral: Itália Central (pt) Traducir

Eurodeputado

14 de xullo de 2009 – 30 de xuño de 2014

Circunscrición electoral: Itália Central (pt) Traducir

Datos persoais
EducaciónUniversidade de Florencia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas
Roma Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, xornalista, presentador de novas Editar o valor en Wikidata
EmpregadorRai Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Democrático Editar o valor en Wikidata
Participou en
20 de xaneiro de 2020Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2020 Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDavid Sassoli, President of the European Parliament, Dies at 65 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sitio webdavidsassoli.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: pagina.DavidSassoli Twitter: DavidSassoli Instagram: davidsassoliofficial Find a Grave: 235793803 Editar o valor en Wikidata

David Sassoli, nado en Florencia o 30 de maio de 1956 e finado en Aviano (Friúl-Venecia Xulia) o 11 de xaneiro de 2022, foi un xornalista e político italiano que entre 2019 e 2022 foi Presidente do Parlamento Europeo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Durante a súa mocidade participou en diferentes asociacións de estudantes católicos e foi membro do movemento scout. Profesionalmente comezou a súa andaina en medios rexionais e axencias de prensa antes de traballar no xornal milanés Il Giorno durante sete anos.

En 1993 pasou a traballar como reporteiro do telexornal da canle de televisión RAI 3, TG3. Posteriormente, formou parte da redacción informativa de Rai 1 e RAI 2. Entre 1999 e 2009 foi o presentador do telexornal principal da RAI 1, cubrindo tamén acontecementos de especial relevancia a nivel italiano e internacional para esta televisión.

Militante do Partido Democrático dende a súa fundación en 2007, en 2009 foi electo membro do Parlamento Europeo polo distrito de Italia Central. Entre 2009 e 2014 foi o responsable da delegación do Partido Democrático na Eurocámara. Reelecto en 2014 e 2019. Foi durante a lexislatura de 2014-2019 vicepresidente do Parlamento e membro do Comité de Transporte e Turismo.

En maio de 2019 foi electo presidente da Eurocámara. O 26 de decembro de 2021 foi ingresado nunha clínica oncolóxica en Aviano (provincia de Pordenone) por mor dunha recaída nunha pulmonía que sufrira en setembro de 2021. Faleceu alí o 11 de xaneiro de 2022 polas disfuncións provocadas no seu sistema inmunolóxico.[1] Foi o primeiro presidente do Parlamento Europeo en falecer durante o seu exercicio.

O funeral, na Basílica de Santa María dos Anxos e dos Mártires en Roma, congregou a mandatarios como a presidenta da Comisión Europea, Úrsula von der Leyen, e o presidente de Italia, Sergio Mattarella.[2] O 18 de xaneiro de 2022, Roberta Metsola foi escollida como sucesora de Sassoli á fronte do Parlamento Europeo.[3]


Predecesor:
Antonio Tajani
 
Presidente do Parlamento Europeo
 
2019 - 2022
Sucesor:
Roberta Metsola
  1. Online, Laura Zangarini e redazione (2022-11-01). "È morto David Sassoli, il presidente del Parlamento europeo". Corriere della Sera (en italiano). Consultado o 2022-01-11. 
  2. "Italia despide a Sassoli cun funeral de Estado". G24. Consultado o 2022-01-17. 
  3. "A maltesa Roberta Metsola converterase na presidenta do Parlamento Europeo co apoio dos tres grandes grupos". G24. Consultado o 2022-01-18. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]