Saltar ao contido

Dassault Aviation

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dassault Aviation

Editar o valor en Wikidata
Tiposociedade anónima
Fundación1929
LocalizaciónParís
Industriaaeroespacial, defensa, espazo
Na rede
https://www.dassault-aviation.com
TV.com: https://www.dassault-aviation.tv/
Facebook: DassaultAviation Twitter: Dassault_OnAir Instagram: dassaultaviation LinkedIn: dassault-aviation Youtube: UC-LR5hOgaNW16F0RXRGL6MA Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Dassault Aviation é un construtor francés de avións militares e reactores executivos. A compañía foi fundada no ano 1929 por Marcel Bloch como Société des Avions Marcel Bloch ou "MB". Tras a segunda guerra mundial Marcel Bloch cambiou o seu nome polo de Marcel Dassault, e o nome da compañía pasou a ser Avions Marcel Dassault o 20 de xaneiro de 1947.

En 1971 Dassault adquiriu Breguet, formando Avions Marcel Dassault-Breguet Aviation (AMD-BA). En 1990 a compañía pasou a recibir o nome de Dassault Aviation.

O Dassault Aviation Group é dirixido por Éric Trappier dende o 9 de xaneiro de 2013.[1]

Marcel Bloch ao redor de 1913

A Société des Avions Marcel Bloch foi fundada por Marcel Bloch en 1929. En 1935 Bloch e Henry Potez chegaron a un acordo para mercar Société Aérienne Bordelaise (SAB), posteriormente rebautizada como Société Aéronautique du Sud-Ouest.[2] En 1936 nacionalizouse a industria armamentística en Francia como a Société Nationale de Constructions Aéronautiques du Sud Ouest (SNCASO). Solicitouse a Marcel Bloch que actuase como administrador delegado do Ministerio do Aire. Durante a ocupación nazi de Francia a industria aeronáutica do país foi practicamente disolta. Marcel Bloch foi encarcerado polo goberno de Vichy en outubro de 1940. En 1944 Bloch foi deportado ao campo de concentración de Buchenwald polos ocupantes alemáns onde estivo ata a súa liberación o 11 de abril de 1945.

O 10 de novembro de 1945, nunha asemblea xeral extraordinaria da Société Anonyme des Avions Marcel Bloch a compañía vtou por cambiar a súa forma a unha entidade de responsabilidade limitada, Société des Avions Marcel Bloch, que sería un holding. O 20 de xaneiro de 1947 Société des Avions Marcel Bloch converteuse en Société des Avions Marcel Dassault para reflectir o nome adoptado polo seu dono.

En 1954 Dassault creou unha división de electrónica (en 1962 nomeada Electronique Marcel Dassault), sendo a súa primeira acción comezar a desenvolver radares aerotransportados, seguida pouco despois por cabezas buscadoras para mísiles aire-aire, sistemas de navegación, e axudas de bombardeo. Dende os anos 50 ata finais dos 70 as exportación convertéronse nunha parte moi importante dos negocios de Dassault, e os seus principais éxitos foron a serie Dassault Mirage e o Mystere-Falcon.

En 1965 e 1966 o goberno francés insistiu aos seus distintos subministradores de defensa sobre a necesidade de especializarse para que as compañías fosen viables. Dassault especializouse en avións de combate e executivos, Nord Aviation en mísiles balísticos e Sud Aviation en transportes civís e militares e en helicópteros. Nord Aviation e Sud Aviation fusionaríanse en 1970 para formar Aérospatiale, e posteriormente esta fusionouse con outras dúas firmas para converterse en EADS (agora Airbus).

O 27 de xuño de 1967 Dassault, a instancias do goberno francés, adquiriu o 66% de Breguet Aviation. Baixo o contrato de fusión Société des Avions Marcel Dassault disolveuse o 14 de decembro de 1971, cos seus activos en mans de Breguet, para ser renomeada Avions Marcel Dassault-Breguet Aviation (AMD-BA).

Dassault Systèmes creouse en 1981 para desenvolver e comercializar o programa CAD de Dassault CATIA. Dassault Systèmes converteríase nun líder nese mercado.

En 1979 o goberno francés fíxose co 20% das accións de Dassault e estableceu a Societé de Gestion de Participations Aéronautiques (SOGEPA) para manexar isto e e unha participación indirecta do 25% en Aerospatiale (o goberno tamén tiña unha participación directa do 75% nesa compañía). En 1998 o goberno francés transferiu a súa participción en Dassault Aviation (45,76%) a Aerospatiale. O 10 de xullo de 2000 Aérospatiale-Matra fusionouse con outras compañías europeas para formar EADS.

En 2000 Serge Dassault renunciou como presidente e foi sucedido por Charles Edelstenne. Serge Dassault foi nomeado presidente de honra.

A compañía estadounidense Atlantic Aviation baseada en Wilmington, Delaware, foi adquirida en outubro do ano 2000.

Airbus vendeu parte das súas accións de novo a Dassault en 2014,[3] e posteriormente reduciría aínda máis a súa participación ata o 27% en 2015 e ata o 10% en 2016.[4]

Militares

[editar | editar a fonte]
Dassault Mirage IV
Dassault Mirage 2000
Dassault Rafale
Maqueta do New Generation Fighter
  1. "Dassault Names Eric Trappier as Chief to Succeed Edelstenne - Busines…". archive.ph. 2013-06-24. Archived from the original on 24 de xuño de 2013. Consultado o 2022-05-26. 
  2. Echos, Les (2012-04-01). "1916-2012 DASSAULT AVIATION, DU MYSTÈRE AU RAFALE". lesechos.fr (en francés). Consultado o 2022-05-26. 
  3. Trautvetter, Chad. "Airbus Begins Selling Off Stake in Dassault Aviation". Aviation International News (en inglés). Consultado o 2022-05-30. 
  4. "Dassault Aviation Shareholding". Dassault Aviation, a major player to aeronautics (en inglés). Consultado o 2022-05-30.