Dario Fo
Dario Fo, nado en Sangiano o 24 de marzo de 1926 e finado en Milán o 13 de outubro de 2016, foi un actor, director e escritor de teatro italiano. As súas obras de teatro son de tipo cómico-satírico. Foi Premio Nobel de Literatura no ano 1997. Coñecido polos seus compromisos políticos, Dario Fo é un dos dramaturgos italianos máis representados no mundo con Goldoni.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Felice Fo e de Pina Rota, coñecidos polas súas actividades antifascistas. Foi voluntario con 17 anos, en 1943, como paracaidista da República de Salo.
Estudou na Academia de Belas Artes de Brera en Milán arquitectura e escenografia. Comezou a súa carreira teatral como actor e escritor de obras teatrais satíricas. En 1954, Fo casou coa actriz Franca Rame, con quen fundou en 1959 a compañía teatral Dario Fo - Franca Rame. Ambos fundaron o colectivo teatral Nuova Scena e posteriormente A Comuna (1970). Nos anos 60 as súas obras para a televisión adoitaban ser censuradas, razón pola cal volveu ao mundo do teatro.
No 2002 publicou a súa autobiografía O país dos morcegos.
Ideas
[editar | editar a fonte]As ideas de Fo están na contorna da esquerda política italiana.[Cómpre referencia] Escribiu acedas sátiras políticas arremetendo sen piedade contra o poder político, o capitalismo, a mafia e o Vaticano.
Obra
[editar | editar a fonte]- Fresca rosa olorosísima (1969)
- Morte accidental dun anarquista (1970)
- O templo dos homes libres (2004)
- Misterio Bufo (conxunto de obras)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina dunha biografía de Dario Fo.
- Artigo de El País, 4 de outubro de 2007.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Dario Fo |