Saltar ao contido

Damon Hill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDamon Hill

(1993) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Damon Graham Devereux Hill Editar o valor en Wikidata
17 de setembro de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Hampstead, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaWest End House (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónHaberdashers' Aske's Boys' School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura182 cm Editar o valor en Wikidata
Peso78 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCarro de Fórmula 1 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un, empresario, guitarrista Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
198924 Horas de Le Mans Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosJosh Hill Editar o valor en Wikidata
PaiGraham Hill Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1411416 Twitter: HillF1 Instagram: 96f1champ Musicbrainz: f1e226a4-adb4-4694-a400-cedbec06104f Discogs: 669188 WikiTree: Hill-44732 Editar o valor en Wikidata

Damon Graham Devereux Hill, OBE, nado en Londres o 17 de setembro de 1960, é un expiloto de Fórmula 1 británico e o campión do mundo de 1996. É fillo do dúas veces campión do mundo de Fórmula 1 Graham Hill.

Hill chegou ás competicións de motor profesionais relativamente tarde, comezou a competir con motocicletas en 1983 á idade de 23 anos. Ao ano seguinte gañou a copa de 350 cc en Brands Hatch. En 1985 pasouse aos monoprazas de 4 rodas competindo co equipo Van Diemen na Fórmula Ford, antes de cambiar de novo á Fórmula 3 británica en 1986. Logo de tres tempadas na Fórmula 3, onde gañou 4 carreiras, Hill volveu cambiarse, esta vez á Fórmula 3000 internacional, co equipo Mooncraft, onde, aínda que foi competitivo, nunca gañou unha carreira.

Hill comezou a súa carreira na Fórmula 1 co entón pouco competitivo equipo Brabham en 1992. Obtivo a súa primeira vitoria no Gran Premio de Hungría de 1993 para o equipo Williams a primeira das súas 22 vitorias, 21 das cales foron con Williams. En 1994 gañou o Gran Premio do Reino Unido, unha carreira que o seu pai nunca gañou na súa longa e exitosa carreira. A mediados de os 90, Hill foi o principal rival de Michael Schumacher para o campionato de pilotos, acabando subcampión nas tempadas 1994 e 1995, as cales gañou o piloto alemán. Ambos tiñan unha longa lista de enfrontamentos dentro e fóra da pista, incluíndo a famosa colisión en Adelaida en 1994 que outorgou a Michael Schumacher o seu primeiro título por tan só un punto.

Williams botou a Hill na tempada 1997 a pesar de conseguir 8 vitorias e o campionato do mundo na tempada anterior, e foi contratado por Arrows. Conseguiu ademais a primeira vitoria para o equipo Jordan no Gran Premio de Bélxica de 1998.

En 2006, Hill foi elixido presidente do British Racing Drivers Club, sucedendo así a Jackie Stewart.

A súa primeira carreira foi o Gran Premio de España de 1992 e a última o Gran Premio do Xapón de 1999.

Vida persoal e comezos

[editar | editar a fonte]

Hill naceu en Londres o 17 de setembro de 1960, froito do matrimonio do campión do mundo de Fórmula 1 Graham Hill e a súa esposa Bette. Hill ten dúas irmás, Samantha e Brigitte. Brigitte era actriz. A súa primeira película foi Caravan to Vaccares en 1974, e comezou Hill Marketing en 1998 logo de traballar con Damon. En 2002, ela fíxose representante do piloto americano Derek Hill, fillo do campión do mundo de Fórmula 1 de 1961, Phil Hill, aínda que non tiñan parentesco entre eles.[1]

Mentres, na súa adolescencia, Damon asistiu ao prestixioso Haberdashers' Aske's Boys' School en Hertfordshire.[2] A morte do seu pai nun accidente aéreo en 1975, cando Damon tiña só 15 anos, deixou á familia Hill nunhas circunstancias realmente malas. Hill empezou a traballar como peón e mensaxeiro en moto para pagarse os seus estudos.

Damon casou con Georgie (nada o 30 de abril de 1963), e tiveron catro fillos: Oliver (nado o 4 de maio de 1989), Joshua (nado o 9 de xaneiro de 1991), Tabitha (nada o 16 de xullo de 1995) e Rosie (nada o 1 de febreiro de 1998). Oliver naceu con síndrome de Down e Damon e Georgie financian institucións benéficas relacionadas.[3]

Antes da Fórmula 1

[editar | editar a fonte]

Hill comezou a súa carreira dentro do mundo do motor en competicións de motocicletas en 1983, gañando o campionato de 350 cc en Brands Hatch,[4] antes de competir nunha carreira de coches no Winfield Racing School en Francia.[5] Hill non fixo o seu debut en monoprazas ata 1984, levando o casco branquiazul do London Rowing Club como xa fixo o seu pai. Aos poucos conseguiuse meter na Fórmula Ford, gañando seis carreiras para o equipo Van Diemen en 1985. Entón Hill entrou na Fórmula 3, onde correu para tres equipos diferentes en tres anos, cunha primeira tempada constante en Mooncraft en 1986 e varias vitorias nos seguintes anos con Middlebridge Racing e a entón Intersport. En 1989, Hill alcanzou a Fórmula 3000, correndo de novo para Mooncraft e a Middlebridge Racing durante os seguintes tres anos. Aínda que Hill correu cos desfavorecidos chasis Lola con Middlebridge en 1990 e 1991, conseguiu tres poles e liderou cinco carreiras en 1990,[6] pero non conseguiu gañar ningunha carreira durante a súa estancia na Fórmula 3000.

Fórmula 1

[editar | editar a fonte]

Hill tiña 31 anos cando comezou a súa carreira na Fórmula 1 como piloto de probas de Williams. Fichou co equipo Brabham en 1992. Brabham, que gañou o campionato de construtores en 1966, atopábase en serias dificultades económicas. Hill empezou a tempada na terceira carreira, substituíndo a Giovanna Amati despois de que o seu patrocinio non fose adiante. Amati non fora capaz de conseguir cualificar, pero Hill igualou ao seu compañeiro de equipo, Eric van de Poele cualificando para dous Grandes Premios de metade de tempada: o GP do Reino Unido e o GP de Hungría. O circuíto de Hungría sería logo o escenario de dúas vitorias de Hill e este sempre puntuaría aquí. Hill continuou como o piloto de probas de Williams-Renault ese ano. Pois o equipo Brabham quebrou tras o Gran Premio de Hungría e non terminou a tempada.

1993-1996: Williams

[editar | editar a fonte]

1993

O mítico Williams número 0 de Damon Hill.

Cando Nigel Mansell deixou Williams para ir á Indy Racing League en 1993, Hill sentou no coche titular como compañeiro de Alain Prost, antes que o candidato con máis experiencia Martin Brundle.[7] Na súa primeira tempada completa na Fórmula 1, Hill beneficiouse enormemente da experiencia do seu compañeiro francés.[8] Logo de catro retiradas na primeira metade da tempada, ademais de problemas cos pneumáticos cando lideraba o Gran Premio de Alemaña, o piloto inglés gañou tres carreiras consecutiavas en Hungría, Bélxica (onde el e Michael Schumacher tiveron unha emocionante carreira) e en Italia. Con iso converteuse no primeiro fillo dun vencedor dun Gran Premio en gañar tamén un.

Tradicionalmente, o campión do campionato de pilotos leva o número 1 no seu coche na seguinte tempada, mentres que o seu compañeiro leva o número 2. Como o campión de 1992, Nigel Mansell, non correu na Fórmula 1 en 1993, déronllo ao equipo Williams os números 0 e 2. Hill colleu o número 0, sendo a segunda persoa na historia da Fórmula 1 en facelo, logo de Jody Scheckter en 1973.

1994

En 1994, o tres veces campión do mundo Ayrton Senna entrou en Williams xunto a Hill. Como o entón campión, esta vez Prost, tampouco volveu correr, Hill mantivo o seu número '0'. A pretemporada apostaba por Senna como aspirante ao título,[9] pero en Imola, o brasileiro perdeu a vida despois de que o seu coche saísese da pista. Co equipo baixo investigación das autoridades italianas por homicidio involuntario, Hill atopouse liderando o equipo Williams con apenas unha tempada de experiencia na máxima categoría. Aínda que Hill comentou á BBC Sport en 2004 que el cría que Senna simplemente tomou a curva demasiado rápido,[10] foi cumpridamente anunciado no momento que a columna de dirección do coche fallara. Baixo unhas circunstancias difíciles, Hill obtivo unha emotiva vitoria na seguinte carreira en Barcelona, así como o seu pai tamén gañou 26 anos antes con Lotus logo da morte de Jim Clark. Schumacher loitou o segundo posto con fallos na caixa de cambios, liderando comodamente as voltas anteriores.

Aínda que Michael Schumacher dominou os comezos da tempada, Hill creou certa controversia na loita polo título logo da súa vitoria no Gran Premio do Reino Unido, unha carreira na que o seu pai xamais subiu todo o máis alto do podio.[11] Schumacher foi descualificado de esa carreira por adiantar na volta de formación e en Bélxica, onde ademais lle prohibiron participar nas dúas carreiras posteriores, debido a irregularidades na prancha. Houbo catro vitorias máis para Hill, tres das cales foron en carreiras onde Schumacher foi descualificado ou non correu, entrando na batalla polo título na última carreira en Adelaida.

Pero nin Hill nin Schumacher terminaron a carreira logo dunha polémica colisión na que o piloto alemán conseguiu o título. Hill estaba alcanzando a Schumacher cando o alemán saíuse da pista mentres ía en primeira posición, danando gravemente o seu Benetton. Hill estaba pasando a quinta curva do circuíto cando ve a Schumacher volver á carreira. Chegando á sexta curva, Hill foi cara ao interior retardando o coche e ambos chocaron, rompendo a suspensión de dobre espoleta do Williams, e forzando a retirada de Hill. Michael Schumacher foi acusado polo público británico polo incidente. En 2003, a BBC buscaba The Most Unsporting Moment (O momento máis antideportivo) no que o incidente de Adelaida foi nomeado.[12] O comentarista de Fórmula 1 da BBC Murray Walker, un gran fan e amigo de Damon, mantivo con todo que Schumacher non chocou intencionadamente. A tempada 1994 de Hill fíxolle ser o Deportista do Ano da BBC dese ano.[13]

Damon Hill conducindo un Williams en Montreal en 1995.

1995

A piques de comezar a tempada 1995, Hill confiaba en gañar o título.[14] O equipo Williams reinaba o campionato de construtores, logo de vencer a Benetton en 1994, e co mozo David Coulthard como compañeiro de equipo, Hill era indubidablemente o piloto número un. A tempada non empezou demasiado ben cando fixo un trompo en Brasil debido a un problema mecánico, pero unha sucesión de vitorias fixéronlle liderar o campionato. Isto non durou moito. Schumacher obtivo uns bos resultados e conseguiu defender o seu título a falta de dúas carreiras para o fin da tempada. Aínda por riba, Williams non puido conseguir o campionato de construtores. Hill cometeu varios erros graves en 1995 e foi máis ou menos cando Frank Williams empezou a considerar a posibilidade decontratar a Heinz-Harald Frentzen nun futuro. Hill aínda tiña contrato ata 1996, polo que a súa praza no equipo estaba asegurada polo menos por unha tempada máis, pero sería a súa última tempada coa escuadra británica.

1996

En 1996, os Williams eran claramente os máis rápidos na Fórmula 1[15] e Hill conseguiu gañar o título por diante do seu compañeiro Jacques Villeneuve (no seu primeiro ano na Fórmula 1), converténdose así no primeiro campión de Fórmula 1 fillo doutro campión.[16] Conseguindo 8 vitorias e sen clasificar por detrás da primeira liña da grella de saída, Hill gozou coa súa mellor tempada. En Mónaco, o lendario circuíto onde o seu pai fora o dominante, ía primeiro en carreira cando os problemas técnicos permitiron ao piloto de Ligier, Olivier Panis conseguir a súa primeira e única vitoria. O título concedeu a Hill o seu segundo premio do Deportista do Ano da BBC, sendo así unha das tres únicas persoas en conseguir o premio dúas veces (os outros son o boxeador Henry Cooper e o piloto de Fórmula 1 Nigel Mansell).[17] A pesar de gañar o título, Hill soubo antes de que acabase a tempada que ía deixar Williams en favor de Frentzen para a seguinte tempada, cousa que non gustou aos fans nin aos medios. Como anécdota, na última carreira, no Xapón, Damon Hill xogábase o campionato: gañou a carreira e o seu compañeiro Villeneuve, abandonou por unha porca da roda mal posta, estrelándose, na primeira curva ao saír de boxes logo dunha parada para recargar. Algúns medios de comunicación sacaron certas conclusións do feito.[18]

No GP do Reino Unido, Hill conseguiu o seu primeiro punto co equipo Arrows.

Como campión do mundo, Hill era enormemente demandado, pero para sorpresa de todos, fichou pola escuadra Arrows, un equipo que nunca gañara unha carreira nos seus 20 anos de historia e que unicamente conseguira un punto a tempada anterior. A súa defensa do título en 1997 foi claramente inútil, despois do peor comezo posible cando a duras penas conseguiu clasificar para o Gran Premio de Australia, e ter que retirarse na volta de arrequecemento. Os Arrows, usando pneumáticos da debutante Bridgestone e motores de Yamaha, eran pouco competitivos, e non conseguiu o seu primeiro punto ata o Gran Premio do Reino Unido en Silverstone en xullo. O mellor momento da tempada chegou no Gran Premio de Hungría. Nun día no que os pneumáticos Bridgestone foran mellores que os do seu rival Goodyear, Hill clasificouse terceiro nun coche que previamente non acadara unha mellor posición que a novena na grella de saída. Durante a carreira adiantou a Michael Schumacher mentres este ía liderándoa, e bastante por diante do que sería o campión do mundo de 1997, Jacques Villeneuve, aínda que despois un problema hidráulico retardou aos Arrows drasticamente.[19] Isto permitiu a Villeneuve gañar a carreira, aínda que Hill conservou a súa segunda praza e o primeiro podio para o británico desde o Gran Premio do Xapón de 1996.

1998-1999: Jordan

[editar | editar a fonte]

1998

A pesar da exhibición en Hungría, estaba claro que os Arrows non podían dar a Hill o tipo de éxitos que el esperaba. Para 1998, entrou na escuadra Jordan como compañeiro de Ralf Schumacher. A primeira metade da tempada foi desastrosa, co coche bastante inestable.[20] Con todo, en Canadá, as cousas empezaron a mellorar. Hill beneficiouse dos infortunios doutros para liderar a carreira e gozar dun duelo de alta velocidade co seu rival Michael Schumacher. Non puido acabar a carreira, pero mostrou a súa velocidade unha vez máis.[21] Finalmente en Hockenheim conseguiu sumar puntos grazas a un estupendo cuarto posto e nada menos que por diante de Schumacher que chegou quinto. En Spa conseguiu a primeira vitoria de Jordan, ademais de conseguir un dobrete con Ralf Schumacher en condicións de choiva, nunha carreira terriblemente dramática. Foi a súa primeira vitoria desde que deixara Williams. Acabou o ano cun adiantamento a Frentzen en Suzuka que lle outorgou o cuarto posto da carreira e o cuarto posto de Jordan no campionato de construtores, vale destacar algo desta carreira de Suzuka: Hill saíu no oitavo lugar mentres que Michael Schumacher facíao desde a última posición, en poucas voltas o alemán de Ferrari (que loitaba polo título) alcanzou a Damon, pero este en ningún momento deixouse intimidar e pola contra ofreceulle unha férrea resistencia chegando ambos ao límite en cada freada do trazado, Hill loitaba por darlle o cuarto posto nos construtores a Jordan pero o certo que máis que isto para Damon estaba claro que era unha cuestión persoal o manter a Michael nos retrovisores e efectivamente Hill contivo á Ferrari ata o seu ingreso a boxes onde perdeu a posición, grande acerto de Hill que coñecendo as "mañas" do seu eterno rival xa non se deixaría adiantar como no pasado polo teutón.

1999

Había moitas esperanzas para a tempada 1999, pero Hill non fixo unha boa tempada. Loitando cos novos pneumáticos estriados, que se introduciron ese ano, deixouno atrás o seu novo compañeiro de equipo (nada menos que o seu substituto en Williams, Heinz-Harald Frentzen), e perdeu toda motivación. Despois do accidente en Montreal, anunciou os seus plans para retirarse ao final da tempada, pero un desastroso Gran Premio de Francia, fíxolle reconsideralo para retirarse inmediatamente. A escuadra insistiulle para que estivese polo menos ata Silverstone, así que Hill propuxo deixalo logo da carreira. Jordan probara a Jos Verstappen para metelo no equipo logo da retirada de Hill a metade de tempada, pero logo de conseguir un quinto posto en casa, Hill decidiu acabar a tempada. Tan só conseguiu dous puntos máis nun sexto posto en Spa, escenario da súa última vitoria, que representou a súa puntuación final na Fórmula 1. Para empeorar máis as cousas, o seu rendemento contrastaba co do seu compañeiro Frentzen, que terminou terceiro no campionato e estivo na loita polo título na última carreira. Con tres carreiras de 1999 por diante, había rumores de que Prost deixaría libre a Jarno Trulli (que tiña contrato con Jordan para 2000) para que substituíse a Hill, pero o británico acabou a tempada. O Gran Premio do Xapón, como última carreira de Hill e para consternación do equipo, terminou cunha saída de pista do piloto británico.

Casco de Hill

Damon Hill usou o mesmo deseño de casco que o seu pai, un simple e identificable deseño de 8 remos brancos dispostos verticalmente ao redor da superficie superior do casco, que é azul escuro. Todo iso representa ao London Rowing Club (Club de remo de Londres), onde Graham e Bette Hill foran grandes membros e onde se coñeceron. A pesar de que el non é remeiro, dixo que levar o casco similar ao do seu pai facíao feliz por manter a tradición.[22]

Os patrocinadores do casco de Damon foron AGV (fabricante de cascos), Cellnet, Ricoh, Arai (fabricante de cascos), Camel, Olympus, Elf, Renault, Canon, Sega, Rothmans, Danka, PlayStation, Remus, Delphi, Benson & Hedges e Hill Sport.

Encontróns entre Hill e Michael Schumacher

[editar | editar a fonte]

Hill e Michael Schumacher topáronse frecuentemente na pista a mediados da década de 1990:

  • Xapón 1994: Schumacher lideraba a primeira parte da carreira condicionada pola choiva cando a carreira tivo que ser parada porque o McLaren de Brundle estrelouse. Hill tomou o liderado ao recomezar a carreira e meteu presión a Schumacher, o recoñecido "mestre da choiva", sobre o asfalto mollado, o que lle deu a vitoria ao piloto británico e a oportunidade de loitar polo título na última carreira da tempada en Australia.
  • Australia 1994: Schumacher chegou á última carreira da tempada con 92 puntos e Hill con 91. Schumacher ía liderando a carreira, pero Hill reducía a distancia entre ambos. O alemán saíuse da pista e golpeou o muro. Ao entrar de novo en pista, co coche seriamente danado, Hill tratou de adiantalo na seguinte curva, onde ambos chocaron. Os dous pilotos retiráronse e o título foi para Schumacher por un só punto.
  • Reino Unido 1995: Correndo en casa, e a 11 puntos de Schumacher no campenato, Hill intentou pasar ao alemán nas últimas 11 voltas da carreira. Os dous chocaron outra vez, e ambos se viron obrigados a retirarse. Hill describiuno como un "incidente de carreira" mentres que Schumacher comparouno con Adelaida 1994. Este, xunto co G.P. de Italia do mesmo ano, foron os dous únicos G.P. que os gañou Jonhy Herbert, compañeiro de equipo de Scumacher, aproveitando o abandono deste.
  • Bélxica 1995: Os dous chocaron na curva: Les Combe. Nesta ocasión, Schumacher foi castigado cunha carreira de suspensión.
  • Italia 1995: Na volta 24, Hill e Schumacher chocaron cando estaban intentando dobrar a Taki Inoue. Ningún dos dous aceptou a culpa. Hill preguntou por que Schumacher estaba de súpeto facendo 0 millas/hora, mentres que un club de fans de Schumacher describiuno como un estúpido movemento por parte de Hill. Hill recibiu unha suspensión dunha carreira, a cal nunca chegar a efectuar.
  • Europa 1995: Na volta 18 Hill intentou adiantar a Schumacher pero o alemán bloqueouno e empuxouno fóra da pista. Hill botóuselle encima, e golpeou a parte traseira do Benetton.
  • Hungría 1997: Logo de cualificar terceiro co pouco competitivo Arrows, Hill pasou a Schumacher limpamente na volta 11 e coouse na primeira curva, antes de quitarlle a primeira posición.
  • Canadá 1998: Schumacher acusou a Hill de "condución perigosa", mentres se disputaban a carreira por poucos segundos.

Despois da Fórmula 1

[editar | editar a fonte]

Logo da retirada Hill seguiu participando nos deportes de motor. Fundou o "Prestige and Super Car Private Members Club P1 International" con Michael Breen no ano 2000. foi participe de varios concesionarios de automóbiles. En abril de 2006, Hill sucedeu a Jackie Stewart como Presidente do Club de Pilotos Británicos (BRDC).

Hill tamén apareceu regularmente nos medios británicos. Contribuíu numerosos artigos á revista F1 Racing. Hill tamén fixo un anuncio de televisión para Pizza Hut. Hill tamén apareceu en moitos programas da televisión británica, como Top Gear.

Carreira Musical

[editar | editar a fonte]

Hill estaba interesado na música desde unha idade temperá e formou a banda punk "Sex, Hitler and the Hormones" cuns amigos na escola. Logo de alcanzar o éxito na Fórmula Un, foi capaz de tocar a guitarra con varios músicos famosos, incluíndo ao seu amigo George Harrison, e apareceu en "Demolition Man", a canción de apertura do álbum Euphoria de Def Leppard. Logo da súa retirada ao final da tempada de 1999, Hill dedicou máis tempo á música e tocaba con bandas de celebridades como a banda de Spike Edney's SAS band, e Pat Cash's Wild Colonial Boys. Hill tamén formou a súa propia banda, The Conrods (As bielas) , que estivo activo entre 1999 e 2003 e tocou versións de cancións coñecidas dos Rolling Stones, The Beatles e The Kinks. Desde que asumiu a presidencia da BRDC en 2006, Hill di que abandonou a guitarra, por estar "demasiado ocupado facendo carreiras escolares e coidando as mascotas."

Resultados na Fórmula 1

[editar | editar a fonte]
Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Posición Puntos
1992 Brabham RSA MEX BRA ESP

NSC

SMR

NSC

MON

NSC

CAN

NSC

FRA

NSC

RU

16

ALE

NSC

HUN

11

BEL ITA POR XPN AUS 36º 0
1993 Williams RSA

Ret

BRA

2

EUR

2

SMR

Ret

ESP

Ret

MON

2

CAN

3

FRA

2

RU

Ret

ALE

15

HUN

1

BEL

1

ITA

1

POR

3

XPN

4

AUS

3

69
1994 Williams BRA

2

PFC

Ret

SMR

6

MON

Ret

ESP

1

CAN

2

FRA

2

RU

1

ALE

8

HUN

2

BEL

1

ITA

1

POR

1

EUR

2

XPN

1

AUS

Ret

91
1995 Williams BRA

Ret

ARX

1

SMR

1

ESP

4

MON

2

CAN

Ret

FRA

2

RU

Ret

ALE

Ret

HUN

1

BEL

2

ITA

Ret

POR

3

EUR

Ret

PFC

3

XPN

Ret

AUS

1

69
1996 Williams AUS

1

BRA

1

ARX

1

EUR

4

SMR

1

MON

Ret

ESP

Ret

CAN

1

FRA

1

RU

Ret

ALE

1

HUN

2

BEL

5

ITA

Ret

POR

2

XPN

1

97
1997 Arrows AUS

NTS

BRA

Ret

ARX

Ret

SMR

Ret

MON

Ret

ESP

Ret

CAN

9

FRA

12

RU

6

ALE

8

HUN

2

BEL

13

ITA

Ret

AUT

7

LUX

8

XPN

11

EUR

Ret

12º 7
1998 Jordan AUS

8

BRA

DSC

ARX

8

SMR

10

ESP

Ret

MON

8

CAN

Ret

FRA

Ret

RU

Ret

AUT

7

ALE

4

HUN

4

BEL

1

ITA

6

LUX

9

XPN

4

20
1999 Jordan AUS

Ret

BRA

Ret

SMR

4

MON

Ret

ESP

7

CAN

Ret

FRA

Ret

RU

5

AUT

8

ALE

Ret

HUN

6

BEL

6

ITA

10

EUR

Ret

MAL

Ret

XPN

Ret

12º 7
Predecesor:
Michael Schumacher
Campión da Fórmula 1
1996
Sucesor:
Jacques Villeneuve
  1. Family Tree TheHillsForever Arquivado 06 de agosto de 2006 en Wayback Machine.. Revisado 16 de xullo de 2006
  2. Hill, Damon Graham Devereux Who's Who 2006 - online version of reference book. Revisado 3 de xullo de 2006 a través de KnowUK
  3. Family Tree > Oliver Hill TheHillsForever Arquivado 06 de agosto de 2006 en Wayback Machine.. Revisado 15 de xuño de 2006
  4. Murray Walker e Simon Taylor Murray Walker's Formula One Heroes Páxina 136, liña 19 Virgin Books ISBN 1-85227-918-4
  5. Murray Walker e Simon Taylor Murray Walker's Formula One Heroes Páxina 136, liña 31 Virgin Books ISBN 1-85227-918-4
  6. Damon Hill www.grandprix.com Arquivado 18 de marzo de 2006 en Wayback Machine. Entrevista de Joe Saward con Damon Hill. Revisado 27 de xuño de 2006.
  7. Derick Allsop Designs on Victory: On the Grand Prix Trail With Benetton, Páxina 25, liña 5 Hutchinson ISBN 0-09-178311-9
  8. Derick Allsop Designs on Victory: On the Grand Prix Trail With Benetton Páxina 188 Hutchinson ISBN 0-09-178311-9
  9. Formula One History: After Tamburello F1-GrandPrix.com/History. Revisado 13 de xuño de 2006
  10. Hill: Senna was at fault news.bbc.co.uk Revisado 9 de xuño de 2006
  11. Murray Walker e Simon Taylor Murray Walker's Formula One Heroes Páxina 138, liña 7-8 Virgin Books ISBN 1-85227-918-4
  12. Most unsporting moment? news.bbc.co.uk Reader's "Have your Say" voting for the most unsporting moment in history. Diego Maradona's "Hand of God" goal won the award in June 2003. Revisado 9 de xuño de 2006
  13. Roll call of past winners news.bbc.co.uk List of BBC Sports Personality of the Year winners. Revisado 9 de xuño de 2006
  14. GP Encyclopaedia > Drivers > Damon Hill GrandPrix.com. Revisado 14 de xuño de 2006
  15. Features > News Feature > Review of Year 1996 GrandPrix.com Arquivado 09 de abril de 2016 en Wayback Machine.. Revisado 14 xuño de 2006
  16. Murray Walker e Simon Taylor Murray Walker's Formula One Heroes Page 139, Line 10-12 Virgin Books ISBN 1-85227-918-4
  17. Did you know? news.bbc.co.uk Trivia of the BBC Sports Personality of the year award news article. Revisado 9 de xuño de 2006
  18. Murray Walker e Simon Taylor Murray Walker's Formula One Heroes Páxina 139, liña 12-17 Virgin Books ISBN 1-85227-918-4
  19. Race Summaries: 1997 News.bbc.co.uk BBC's review of the 1997 Formula One Season. Revisado 12 de xuño de 2006
  20. Jon Nicholson e Maurice Hamilton (1999) Against the Odds: Jordan's drive to win p.89-90 e p.107-108 Macmillan Publishing ISBN 0-333-73655-9
  21. Jon Nicholson e Maurice Hamilton (1999) Against the Odds: Jordan's drive to win p.115-116. Macmillan Publishing ISBN 0-333-73655-9
  22. Damon Hill's Statistics, Helmet TheHillsForever Arquivado 06 de agosto de 2006 en Wayback Machine.. Revisado 10 de xuño de 2006

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]